spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 150 nenas e nenos de Tomiño piden ao seu Concello...

Máis de 150 nenas e nenos de Tomiño piden ao seu Concello máis campañas de concienciación e formación sobre reciclaxe e cambio climático

Máis de 150 nenas e nenos piden ao Concello máis campañas de concienciación e formación sobre reciclaxe e cambio climáticoO pleno infantil celebrouse coa participación dos coles de infantil e primaria e tamén do IES Antón Alonso Ríos

Máis campañas de concienciación sobre o cambio climático e obradoiros de formación en temas de reciclaxe, redución de plásticos, outros usos do monte, especies autóctonas, eliminación de plantas invasoras ou hortas ecolóxicas, foron só algunhas das demandas e propostas realizadas polos máis de cen estudantes de 5º de primaria dos coles de Barrantes, Goián, Sobrada, Tebra e Pedro Caselles, no pleno do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que tivo lugar hoxe no auditorio ao aire libre do Espazo Fortaleza (Goián).

O tema tratado na sesión de carácter extraordinario que tiña como fin conmemorar a Semana e o Día Internacional da Infancia, foi “O Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible”.

No pleno, no que tamén houbo representantes do IES Antón Alonso Ríos e do CRA Mestre Manuel Garcés, estivo presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e Meli Rodríguez, en representación de Unicef Vigo. As dúas agradeceron as numerosas propostas dos escolares, asegurando a alcaldesa que tomaría boa nota de moitas moi interesantes e cheas de sentido común, nas que o goberno local poríase a traballar de inmediato.

Meli Rodríguez, pola súa banda, foi a encargada de pechar o acto, salientando o nivel das propostas escoitadas e animando ao alumnado a comezar a traballar dende o individual para enfrontar o tema prioritario da emerxencia climática. “Cada un de nos pode coidar o medio con pequenas accións que son as que conseguirán cambiar o mundo”, afirmou a representante de Unicef Vigo.

- Publicidade -spot_img