spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaMáis de 120 camiñantes de A Guarda e Caminha farán xuntos a...

Máis de 120 camiñantes de A Guarda e Caminha farán xuntos a primeira etapa do Camiño Portugués

mais-de-120-caminantes-de-a-guarda-e-caminha-faran-xuntos-a-primeira-etapa-do-camino-portugues

Este sábado, 5 de marzo, terá lugar a primeira das etapas do Camiño Portugués que farán en compañía os veciños da Guarda e da vila portuguesa de Caminha. Esta actividade trátase da primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do Esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco. 

Nesta iniciativa van participar máis de 120 camiñantes, tanto guardeses coma veciños e veciñas de Caminha.

Esta primeira etapa percorrerá a distancia entre Ancora (Caminha) e Mougás (Oia), un total de 28 quilómetros. Os participantes guardeses terán a saída dende a explanada do CEIP A Sangriña ás 8 horas en autobús. Dende alí irán a Igrexa Parroquial de Ancora, punto de encontro cos participantes de Caminha, punto de onde dará comezo esta primeira andaina tras a recepción das autoridades. Todos xuntos cruzarán no ferri, camiñarán pola Guarda, O Rosal e Oia, ata rematar en Mougás, na zona onde se atopa o albergue.

Aquelas persoas que queiran máis información sobre esta actividade poden dirixirse a Oficina de Turismo do Concello da Guarda, escribir á dirección turismo@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 61 45 46.

Seguintes etapas:

2ª etapa

12 de marzo: Mougás – Vigo 28 km

Saída ás 9 da Sangriña, onde esperaremos a que cheguen os participantes de Caminha. Desde Mougás comezamos a camiñar cara Baiona, Nigrán polo núcleos da Ramallosa, Panxón e rematamos esta etapa na igrexa románica de Coruxo de Vigo.

3ª etapa

02 de abril: Vigo – Redondela: 23 km

Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Iremos en bus ata Castrelos onde comezaremos a camiñar logo de visitar a fermosa igrexa románica. Seguimos pola senda do Lagares, cruzamos Vigo por Sárdoma, Senda da Auga, Chapela e a etapa conclúe no centro de Redondela localidade na que conflúe o Camiño Portugués da Costa e o do interior que parte de Tui.

4ª etapa

16 de abril: Redondela – Pontevedra 21 km

Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a ría de Vigo polo concello de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de Sampaio e dirixímonos por varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza entramos na cidade de Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da Peregrina.

5ª etapa

23 de abril: Pontevedra – Caldas de Reis: 22 km

Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola ponte do Burgo cara pequenos pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en Caldas de Reis onde finaliza esta etapa.

6ª etapa

07 de maio: Caldas de Reis – Padrón: 18 km

Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha.

Iremos cara o Concello de Valga para despedir a provincia de Pontevedra cruzando o río Ulla por Pontecesures e entrando por Padrón xa na provincia da Coruña.

7ª etapa

14 de maio: Padrón – Santiago de Compostela: 25 km

Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e Ames chegamos o final da viaxe, cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa do franco e por fin a Catedral de Santiago.

RESUMO ETAPAS

05 de marzo: Ancora (Caminha_Portugal) – Mougás (Oia) 28 km.

12 de marzo: Mougás (Oia) – Vigo 28 km

2 de abril: Vigo – Redondela: 23 k

16 de abril: Redondela – Pontevedra 21 km

23 de abril: Pontevedra – Caldas de Reis: 22 km

7 de maio: Caldas de Reis – Padrón: 18 km

14 de maio: Padrón – Santiago de Compostela: 25 km

 

- Publicidade -spot_img