Inicio Pontevedra Un alumno do Colexio Estudio de Chandebrito, premiado por segunda vez consecutiva...

Un alumno do Colexio Estudio de Chandebrito, premiado por segunda vez consecutiva no concurso internacional de debuxo infantil de Aqualia.

Na convocatoria participaron 8.500 escolares de 3º e 4º de Primaria de centros educativos de España e Portugal

Mario Larrondo conseguiu ‘colarse’ de novo entre os finalistas do certame “Llena tu mundo de vida”, como xa fixera na anterior edición

O alcalde de Nigrán, Juan González, e Aqualia, entregaron esta mañá o premio do XIII Concurso Internacional de Debuxo Infantil “Llena tu mundo de vida” a un alumno do Colexio Estudio de Chandebrito que, por segundo ano consecutivo, se proclamou finalista neste certame organizado pola empresa de xestión  de auga Aqualia. Mario Larrondo Pérez-Izaguirre, de 11 anos, e que actualmente cursa 5º de Primaria neste centro educativo, resultou galardoado na categoría individual desta nova edición da convocatoria, na que participaron 8.500 alumnos de España e Portugal.

O concurso, que cada ano recibe máis debuxos de escolares e colexios, pretende concienciar aos rapaces sobre o servizo público que se presta da auga con motivo do Día Mundial da Agua, que se celebra o vindeiro 22 de marzo. Está aberto a estudantes de 3º e 4º de Primaria dos municipios nos que Aqualia xestiona o ciclo da agua, os cales teñen que crear o seu lugar ideal e dotalo de vida levando a agua a persoas, animais e prantas.

A entrega do premio, que consistía nun xogo para crear unha horta, tivo lugar na aula na que Mario recibe as súas clases, no CPR Estudio, e ademais do rexedor de Nigrán, contou coa presenza de José Luis Sanromán, o concelleiro de Deportes,  a Xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, e a directora do centro, Begoña Amado.

González aproveitou para recordar a necesidade de sensibilizar ao alumnado sobre o aforro e o uso responsable da auga para contribuír ao desenvolvemento sostible da nosa contorna, e sinalou que concursos coma o de Aqualia favorecen a aprendizaxe e toma de conciencia dos rapaces co coidado do medio ambiente dunha forma lúdica e divertida.

Neste link podedes ver o debuxo co que gañou:

http://www.llenatumundodevida.es/dibujo.php?id=53
.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies