Inicio Pontevedra O Museo de Pontevedra acolle “O camiño da Serpe” unha actividade que...

O Museo de Pontevedra acolle “O camiño da Serpe” unha actividade que quere potenciar a comunicación social o través da música, a danza e a pintura

o-museo-de-pontevedra-acolle-o-camino-da-serpe-unha-actividade-que-quere-potenciar-a-comunicacion-social-o-traves-da-musica-a-danza-e-a-pintura

Unha trintena de rapaces pintaron cos seus pes unha serpe sobre un  papel ao ritmo da música nunha sala do Museo, na primeira das actividades da ‘Fundación Gesto’ con nenos e nenas co déficit de atención e hiperactividad

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva participou hoxe na primeira das actividades da “Fundación Gesto” no Museo de Pontevedra con unha trintena de nenos  e nenas  da Federación Gallega de  Asociaciones  de Défict de Atención e Hiperactividad (FEGADAH).

Os nenos e nenas pintaron ao ritmo da música unha serpe sobre un papel estendido no solo dunha das salas do Museo de Pontevedra onde acudiu  Carmela Silva para comprobar como era a actividade. A Presidenta mostrouse gratamente sorprendida pola interactividade  dos nenos e nenas coa pintura e cos artistas e subliñou que “o arte ten que ser un vínculo de integración entre as persoas e máis no caso das nenas e dos nenos e, sobre todo, se presentan algún tipo de problemas”.

A Presidenta agradeceu ao presidente da “Fundación Gesto”, Darío Basso,  o poder presenciar o traballo dos nenos e nenas nunha experiencia plástica desta dimensión.  Carmela Silva sinalou que a institución provincial considera moi importantes este tipo de actividades de integración das persoas e apostou por manter este tipo de programas.

A actividade desenvolvida esta maña no Museo de Pontevedra chámase “O camiño da Serpe” e ten a intención de potenciar a comunicación social o través da música, a danza e a pintura.

Segundo a fundación “A serpe” é unha  deidade da cultura “yoruba” que representa ao individuo, e converterá nunha expresión colectiva onde a vida é  unha evolución para converterse en individuo.

Os nenos e nenas pintaron cos  pes o corpo da serpe, o seu camiño vital, sobre un prego de papel no que bailaron  ao  ritmo da música que marcarán golpeando con culleres  de madeira cheas  de pintura sobre obxectos cotidianos como cacerolas o tixolas. As escamas estarán constituídas por obxectos do  seu entorno cotidiano que eles  mesmos aportan (follas de árbores, fotos, papeis, etc.).

No acto participaron Darío Basso, pintor. Mercedes Pacheco, danzaterapeuta. Lila Pérez Gil, dinamizadora comunitaria; e os músicos: Coke Santos, Gautama del Campo y Adolfo Delgado.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies