spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 107.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona...

Máis de 107.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona no 2015

mais-de-107-000-persoas-solicitaron-informacion-na-oficina-de-turismo-de-baiona-no-2015

Das máis de 107.000 persoas que solicitaron información na oficina de turismo de Baiona no ano 2015, 80% son de procedencia nacional  . Así o reflicten os datos proporcionados pola Concellería de Turismo do Concello de Baiona.

Ata terras baionesas veñen visitantes de todas as comunidades e cidades autónomas españolas pero son os madrileños os que máis se decantan por pasar os días de descanso na nosa vila. A estes séguenlle galegos vindos desde outros puntos da nosa comunidade e tamén cidadáns do País Vasco e Castela e León. Moi de preto sitúanse as habitantes de Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciana. Estas dúas últimas comunidades continúan en aumento ano tras ano.

comillasOs visitantes internacionais procedían de 78 países diferentes destacando Portugal, Francia, Inglaterra e Alemaña

Agosto é o mes que recibiu maior volume de turistas que preguntan por diversas cuestións acerca da vila. Os visitantes preguntan polas nosas praias, polo Camiño de Santiago da Costa, por rutas ambientais e polas nosas festas e romarías…

Con respecto ao número de persoas diarias que solicitaron información na oficina turimo, o día de máxima afluencia rexistrouse no mes de agosto, cun máximo de 1.153 persoas, o día 21.

Estas cifras son unha parte dos que visitan Baiona, xa que moitos outros tantos veraneantes xa coñecen a vila doutros anos e non adoitan pasar pola oficina de turismo do municipio xa que coñecen de primeira man o lugar.

Boa parte dos viaxeiros que chegan á oficina pedindo información son os cruceristas que visitan a localidade tras atracar no porto de Vigo. Rexistráronse 3.836 cruceristas. Cabe resaltar que, xeralmente, os cruceristas veñen acompañados por guías e coa visita organizada, así que os que visitan a oficina supoñen unha cantidade mínima. Durante o ano 2015, chegaron 204.979 persoas ao porto de Vigo.

comillasA Concellería de Turismo organizou de forma gratuíta durante o mes de xullo e agosto visitas guiadas pola vila de Baiona, a actividade tivo unha gran acollida por parte dos visitantes da localidade, participaron un total de 579 persoas.

Os resultados obtidos poñen de manifesto a recuperación do sector, tanto pola política de promoción turística levada a cabo desde o Concello, como polas campañas realizadas desde a asociación de comerciantes e empresarios, Aceba e Coemsa.

A Concelleira de Turismo, Beatriz González, se ha mostrou máis que satisfeita co resultado de 2015 e espera que as boas cifras sigan aumentando. “O Concello de Baiona ten por diante citas importantes marcadas no calendario. En poucas semanas celebrarase a festa da Arribada, a primeira edición tras a súa declaración como festa de interese turístico internacional. Esperamos que o distintivo atraia á nosa vila un número de visitantes aínda maior que o que vén rexistrando en edicións anteriores. Tampouco podemos esquecernos de que no mes de agosto Baiona será meta da segunda etapa da volta ciclista 2016″

González adiantou que seguirán organizando iniciativas gastronómicas e eventos para promover o consumo e potenciar as vendas en tempada baixa. “Calquera actividade ou evento incide positivamente na economía local xa sexa no sector hostaleiro, hostaleiro ou comercial e así o contrastamos tras a celebración de certames tales como o campionato de trial que levou a cabo no mes de outubro, entre outras”.

- Publicidade -spot_img