Inicio Galicia Mergúllate nas profundidades do mar. 20 novas especies para a ciencia no...

Mergúllate nas profundidades do mar. 20 novas especies para a ciencia no Banco de Galicia

mergullache-nas-profundidades-do-mar-20-novas-especies-para-a-ciencia-no-banco-de-galicia

O Banco de Galicia é un monte submarino profundo localizado ao noroeste da península ibérica, a 180 quilómetros da costa galega. A súa cima atópase entre os 650 e os 1.500 metros de profundi­dade e as súas ladeiras, de elevadas pendentes, caen desde esta cima ata as chairas abisais situadas a 4.000 metros de profundidade.

O principal valor ecolóxico identificado na área son os arrecifes que inclúen os corais brancos de augas frías das especies Lophelia pertusa e Madrepora oculata situados nas areas da cima do banco, entre 780 e 1.000 metros, en forma de manchas dispersas, e na cima rochosa do monte Rucabado, en forma máis densa, así como as comunidades mixtas formadas sobre roca profunda por estas mesmas especies xunto con corais bambú, corais negros, gorgonias, escleractinias solitarias e esponxas de gran porte.

comillasNo marco do proxecto LIFE+ INDEMARES, coordinado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, identificáronse 20 especies nue­vas para a ciencia e unha importante presenza de arrecifes de coral no Banco de Galicia

O relevo desta montaña submarina modifica as correntes de fondo, facendo que as augas profundas ascendan cargadas de nutrientes. Este enriquecemento das augas sobre o banco permite unha elevada produtividade, que xunto á cantidade de ambientes presentes na ladeira do banco crean un verdadeiro oasis de biodiversidade no medio do mar, o que favorece a presenza de diferentes especies de cetáceos, como o golfiño mular, tartarugas e aves mariñas como o paíño de Madeira. Máis de 790 especies de diferentes grupos, como moluscos, vermes, poliquetos, corais, peces e ourizos, foron identificadas e catalogadas. Especies vulnerables como as quenllas, grandes depredadores de crecemento lento, tamén son frecuentes nas augas e fondos do monte submarino.

Debido á distancia do banco respecto dos principais focos de presión, o grao de conservación é moi alto. A pesar de que se trata dun lugar afastado do impacto directo que producen as actividades humanas, a xestión adecuada de actividades como a pesca, o tráfico marítimo e o posible tendido de cables submarinos é vital para previr a xeración de graves impactos que modifiquen as condicións oceanográficas ou alteren a biodiversidade.

Por todos estes motivos, coa proposta de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) a nivel europeo queda protexida, grazas aos resultados do proxecto LIFE+ INDEMARES, unha superficie de máis dun millón de hectáreas de alto valor ecolóxico.

mergullache-nas-profundidades-do-mar-20-novas-especies-para-a-ciencia-no-banco-de-galicia

Fonte: Fundación Biodiversidad
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies