spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 100 escolares daranse cita este sábado en Tomiño no Campionato...

Máis de 100 escolares daranse cita este sábado en Tomiño no Campionato Provincial de Tenis de Mesa

Máis de 100 escolares daranse cita este sábado en Tomiño no Campionato Provincial de Tenis de Mesa

As xornadas, organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, dentro dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (Xogade), contan coa colaboración do Concello de Tomiño, Agrudebam e Club de Tenis de Mesa Monteferreiros

Esta mañá presentouse no Concello de Tomiño o Campionato Provincial de Tenis de Mesa, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (Xogos

Galegos Deportivos en Idade Escolar), coa colaboración do Concello de Tomiño, Agrudebam e Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, e que se celebrará mañá sábado, 20 de maio, no Pavillón Polideportivo de Sobrada, coa participación de máis dun centenar de xogadores.

Á presentación desta mañá acudiron o coordinador Provincial de Deportes, Guillermo Reinaldo; o presidente de Agrudebam, Alfonso Lorenzo; o presidente e máis o secretario do Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, Jacinto Fernández e Lino González, respectivamente, e por último, o concelleiro de Deportes do Concello, Ismael Troncoso.

Nas xornadas competirán 114 xogadores escolares e federados; a maioría procedentes das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor.  Acudirán participantes de varios colexios e clubs da provincia, xa que se trata dunha xornada na que se pretende promocionar este deporte, como remate ás competicións celebradas nas diferentes comarcas.

A competición, que comezará ás 9.30 horas e rematará sobre as 14.00, contará con 16 mesas regulamentarias, nas que terán lugar máis de 250 partidos, arbitrados por tres árbitros profesionais e tamén algúns xogadores. Haberá medallas de ouro, prata e bronce para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

O concelleiro de Deportes de Tomiño reiterou o apoio do Concello ao deporte de base e asegurou que “é un privilexio para nós que se organice esta proba no noso concello, máis aínda cando se trata dun deporte non maioritario, coma este”.

Pola súa banda, o coordinador provincial de Deportes, explicou que a idea é promocionar o tenis de mesa na zona, polo que se enfrontarán xogadores escolares con outros xa federados, e agradeceu a colaboración na organización do campionato.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.