Inicio Val Miñor Baiona As prazas de abastos de Baiona e Sabarís poñen en marcha a...

As prazas de abastos de Baiona e Sabarís poñen en marcha a campaña ‘Quero o teu mercado’

as-prazas-de-abastos-de-baiona-e-sabaris-ponen-en-marcha-a-campana-quero-o-teu-mercadoAs prazas de abastos de Baiona volven a converterse un ano máis na referencia para a mellor alimentación e produtos de calidade coa maior garantía. Diferentes actividades contribuirán a facer das prazas non só un referente comercial, senón tamén un espazo de lecer e aprendizaxe, con numerosos agasallos coas compras do día ata o final da campaña.

Este xoves comezou nas Prazas de Baiona e Sabarís a campaña “Quero ou teu Mercado”, organizado pola Secretaría Xeral de Comercio da Xunta e o Concello de Baiona. O proxecto volve a ser unha firme aposta por apoiar á economía local, a de base na que os praceiros teñen un protagonismo fundamental.

“Novamente iniciativas como esta, pretenden dinamizar as prazas de abastos como referencia dos mellores produtos, proximidade, calidade, e coidado en en trato sen dúbida son os alicerces de nova concepción dos mercados”, explica a concelleira de Comercio, Carmen Paredes.

Sabarís recibirá o mércores 24 (de 11 a 12 horas) a visita do alumnado do Obradoiro Terras do Miñor onde os futuros profesionais da hostalería e restauración farán gala das aprendizaxes adquiridas durante o curso. O martes, día 29, haberá un taller de froitas, sobremesas atractivas, ademais dun concurso de debuxos para os máis pequenos onde se darán premios aos máis orixinais.

Pola súa banda, en Baiona haberá un concurso de empanadas (venres 26), cociña en directo e showcooking (sábado 27) da man dun profesional da restauración local e taller de froitas (mércores 31).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies