spot_img
InicioO SalnésLouzán entrega diplomas do programa aQuelando3

Louzán entrega diplomas do programa aQuelando3

11-06-aquelando-originalO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregoulles onte a 75 alumnos os diplomas de cinco cursos do  programa aQuelando desenvolvidos en Pontevedra e no Grove.

O programa contou cun orzamento de 3,4 millóns de euros para a inserción laboral de desempregados, discapacitados, mulleres ou mozos. A través de aQuelando3 outorgóuselles o certificado de profesionalidade a 720 alumnos; orientouse a 289 desempregados desde o Servizo de Intermediación Laboral; 105 persoas realizaron o itinerario práctico en empresas; e conseguiuse a inserción laboral de 150 persoas

O programa, financiado con fondos europeos, contou con dous apartados.

A través do primeiro, de formación teórica, impartíronse 48 cursos, de 15 persoas cada un, sobre atención sociosanitaria, emprego, emprego doméstico, venda ou cociña, todos coa acreditación do certificado de profesionalidade. Nos 48 cursos participou un total de 720 persoas; os participantes recibiron unha bolsa de formación de 399 euros ó mes. Leváronse a cabo cursos e accións en Pontevedra, Lalín, Valga, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Moaña, Vigo, Mos, Ponteareas e O Porriño.

O segundo apartado, de formación práctica, posibilitou prácticas laborais de 300 horas a través das que se formaron 105 alumnos. Neste apartado foi asinado tamén (con sindicatos, mancomunidades, empresas…) o Pacto pola Calidade e Produtividad Social no Emprego, que posibilitou o desenvolvemento de cinco seminarios para o autoemprego no rural.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.