O próximo 20 de xuño darase o pistoletazo de saída, en Vila Nova de Gaia (Portugal), á terceira edición do Circuíto Atlántico de Cruceiros coa celebración da Mateus Rosé Sailing Cup, organizada por BBDouro.
Na súa terceira edición a competición inclúe tres regatas de primeiro nivel: o Trofeo Príncipe de Asturias, o Cascais Vela 2015 e a Mateus Rosé Sailing Cup
Será a primeira do tres probas programadas nunha competición que foi creada fai tres anos polo Monte Real Club de Yates de Bayona, BBDouro e o Clube Naval de Cascais, co obxectivo de estreitar, a través da vela, as relacións deportivas, turísticas e culturais existentes entre Galicia e Portugal.
O circuíto está organizado polo Monte Real Club de Yates de Baiona, BB Douro e o Clube Naval de Cascais
Unha vez finalizada a Mateus Rosé Sailing Cup, a segunda cita no calendario do circuíto será o Cascais Vela 2015, organizado polo Clube Naval de Cascais. A cita será do 28 ao 30 de agosto.
O seu principal obxectivo é estreitar, a través da vela, as relacións deportivas, turísticas e culturais existentes entre Galicia e Portugal
O Trofeo Príncipe de Asturias, do Monte Real Club de Yates, é a última das probas puntuables. Celebrarase do 4 ao 6 de setembro na vila de Baiona, onde tamén se fará entrega, á tripulación gañadora, do copón de prata que simboliza a vitoria na competición. O club vencedor será o encargado de custodiar o trofeo até a seguinte edición, cando se volverá a pór en xogo.
FOTO: Tripulación del Fifty , ganadora del II Circuito Atlántico de Cruceros (2014)




