Inicio Val Miñor Baiona "En busca del Tesoro" de La Crep coróase como a Mellor Tapa...

“En busca del Tesoro” de La Crep coróase como a Mellor Tapa do Bai de Tapas 2015

Así o decidiu o xurado popular formado por tódolos consumidores que realizaron a ruta mínima esixida e puntuaron as tapas.

En busca del tesoro” é unha tapa doce realizada con frosting de queixo, amorodos, terra de chocolate e améndoas, que destaca pola súa orixinalidade xa que se presenta nunha maceta coroada con follas de menta, dando aspecto dunha pranta.

O establecemento que creou esta tapa, La Crep (situada na rúa Conde do casco histórico baionés) é xa un veterano participante en Bai de Tapas, destacando sempre por presentar tapas moi elaboradas e orixinais.

O segundo premio recaeu no “Spaghetti nero dei sepia con ricci di mare e gamberetti” do debutante Ristorante Capone e o terceiro premio para “Abastos” unha das tapas de La Micro, a cervexaría artesá situada no interior da Praza de Abastos.

En-busca-del-Tesoro-La Crep-coróase-como-Mellor-Tapa-do-Bai-de-Tapas-2015O resultado deuse a coñecer no acto de entrega de premios, realizado no Salón de Plenos do Concello de Baiona e presidido polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Turismo, María Iglesias, o presidente de Aceba, Marcos Comesaña, Carlos Montero, representante de Adegas HGA e Fernando Haramoglis, de Disgobe Selección de Vinos.

O acto comezou coa intervención da Concelleira de Turismo, María Iglesias, que analizou os datos obtidos tras finalizar o concurso: “Bai de Tapas conseguiu uns excelentes números de vendas, con ao redor de 45.000 tapas servidas. Dos 19 locais participantes no primeiro ano, pasamos aos 38 deste. De 49 tapas diferentes a 76″. “Máis do 50% dos participantes que completaron a ruta son de Baiona, seguidos por Nigrán e Vigo, pero tamén participaron turistas que nos visitaban durante ese período, e que consideran Bai de Tapas como unha oferta complementaria da Vila e unha estupenda forma de coñecer a gastronomía local”.

Neste acto entregáronse tamén os premios do sorteo que se realizou entre os consumidores, cortesía dos establecementos participantes, ademais do primeiro premio, un Ipad Air, achegado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, que recolleu Rafael Fernández.

Os patrocinadores do concurso, Adegas HGA, Adegas Escudeiro e Disgobe Selección de Vinos entregaron tamén diversos premios. Por un lado, fixeron entrega a Mª Isabel Martínez Cabaleiro dunha estancia completa no Talaso Augas Santas de Monforte, e por outro lado entregaron dúas botellas Magnum de viño e un bono do Talaso Atlántico aos locais gañadores do premio á Mellor Tapa. Carlos Montero aproveitou para agradecer a confianza tanto á organización coma aos hostaleiros participantes, ao igual que o presidente de Aceba, Marcos Comesaña.

Para finalizar o acto, o Alcalde de Baiona agradeceu tamén a tódolos locais a súa participación, así como aos colaboradores, e resaltou “a importancia que ten a hostalaría para a marca Baiona, xa que é a imaxe que o turista se leva da Vila, por iso é moi importante realizar un traballo baseado na calidade tanto do produto coma do servizo“. Ademais destacou que os tres locais gañadores pertencen a unha nova xeración de hostaleiros novos.

En-busca-del-Tesoro-La Crep-coróase-como-Mellor-Tapa-do-Bai-de-Tapas-2015

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies