Inicio Val Miñor Nigrán Localizado en New York o emblemático mosaico romano de Panxón

Localizado en New York o emblemático mosaico romano de Panxón

A peza, dun metro cadrado e que representa fauna mariña na que destaca un gran peixe de 77 cm e dúas ameixas, estaba desaparecida dende a súa última subasta no ano 2000 nunha galería de Madrid

O goberno de Nigrán iniciou esta semana os trámites para recuperar o emblemático mosaico romano de Panxón despois de localizalo nun gran anticuario de New York tras case dúas décadas en paradeiro descoñecido. A peza, dun metro cadrado e embutida nunha mesa, está á venda e ten un valor patrimonial incalculable porque se  conservada intacta e representa  maxistralmente fauna mariña na que destaca un colosal peixe de 77 cm (un muxo) e unha parella de ameixas.

Precisamente, con este obxectivo firme de recuperalo para o municipio, o alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo este mércores unha reunión en Madrid con presidente de Acción Cultural Española, Iban García, e o portavoz do goberno no Senado,  Ander Gil. Neste encontro, o organismo público adicado a impulsar e promover a cultura española dentro e fora do noso país resolveu iniciar o proceso para ‘repatriar’ a peza, poñéndose eles en contacto inmediatamente coa Embaixada de España en New York para iniciar a negociación co anticuario.

“Trátase dun mosaico cun valor patrimonial e etnográfico incalculable que debe volver a España para ser exposto de xeito público e permanente en Nigrán, de onde nunca debería ter saído”, explica o alcalde, quen se amosa decidido a traballar arreo para traelo de volta a Nigrán.

O mosaico de Panxón foi documentado polo míudo nos anos 70 polo prestixioso arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo, no seu artigo  “De novo sobre o Mosaico de Panxón e outras novas sobrea Musivaria na Gallaecia” relata a súa importancia e as súas vicisitudes. Así, según el mesmo expón, grazas a manuscritos do século XIX entregados por Xosé María Álvarez Blázquez, se sabe que a peza apareceu “en el sitio llamado el Castro” de Panxón pertencendo primeiramente a “Dª Umbelina González Lavandeira, viuda del Sr. De Puga”, quen o tiña “en su casa de campo de la parroquia de S. Juan de Panjón” (os historiadores coinciden en que nesta zona existía unha importante villa no Baixo Imperio Romano, xa que tamén apareceron ánforas, moedas, un ara a Mercurio…).

En principio, o fragmento de mosaico atopado era máis grande, pero como o tiñan pola finca tirado, foron rompéndoselle partes, polo que finalmente os donos optaron por usalo para facer unha mesa. O escrito do s. XIX dí así: “… está sirviendo de cubierta de una mesa con el objeto de que no se estropease porque según me dijeron era mayor y como estuviese tirado lo iban destrozando, y para evitar su total desaparición han hecho aquella dándole la forma de cajón embutiendo en ella el mosaico siendo este de un metro cuadrado y 20 cm de espesor…”.

Cara finais do século XIX o mosaico (é decir, a mesa co mosaico) pasa a formar parte da colección Blanco-Cicerón (mediante compra), onde parece que se conserva durante todo o século XX. No ano 2000 aparece para ser subastado na Galería Castellana de Madrid: lote nº 664 “mesa con mosaico romano”, desaparecendo ata o ano 2018, cando reaparece no catálogo da casa Carlton Hobbs, co número de referencia 9127.

“Este mosaico corrobora que en Panxón existiu unha importante villa romana e, polas súas características, está chamado a ser un dos grandes referentes patrimoniais do noso municipio, se non o é xa é porque permaneceu en mans privadas e fora de Nigrán practicamente dende a súa aparición”, finaliza González, quen ademais é historiador.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies