spot_img
InicioPontevedra e ÁreaLideresas indíxenas de Guatemala percorrerán Pontevedra para dar a coñecer o seu...

Lideresas indíxenas de Guatemala percorrerán Pontevedra para dar a coñecer o seu traballo como defensoras de dereitos

O proxecto 'Mulleres que mudan o mundo' leva a Pontevedra a exposición fotográfica 'Tecedoras do cambio'Lideresas indíxenas de Guatemala percorrerán Galicia para dar a coñecer o seu traballo como defensoras de dereitos

Juventina López e Ita Xocol, dúas mulleres activistas indíxenas de Guatemala, percorrerán Galicia do 21 ao 28 de novembro. As dúas serán as protagonistas dun ciclo de charlas titulado Defensoras de dereitos. A loita das mulleres indíxenas en Guatemala que terán lugar en Pontevedra, Vigo, Bueu, Caldas de Reis e O Grove. Nel, as dúas activistas contarán as principais problemáticas coas que se atopan as súas comunidades; o seu activismo pola recuperación das terras que lles foron arrebatadas e pola defensa dos dereitos das mulleres; e os proxectos nos que participan xunto a ONGD galegas.

Participarán na clausura da exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’ en Pontevedra

O 21 de novembro haberá un acto público de peche da exposición fotográfica Tecedoras do cambio no que participarán Juventina López e Ita Xocol. Ás 12 horas haber un acto público na entrada do Pazo Provincial e, ás 13 horas, ofrecerase un pincho de comercio xusto ás persoas asistentes. Tecedoras do cambio está composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades: mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e de mellora das condicións materiais e emocionais das súas comunidades Leer máis

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.