Inicio Pontevedra Baixo Miño "Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" unha exposición para dar visibilidade...

“Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” unha exposición para dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

"Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" unha exposición para dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño“Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” unha exposición para dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

O vindeiro mércores 21 de novembro ás 12.00 h. terá lugar no Salón de Exposicións a inauguración da exposición, “A achega das mulleres á sustentabilidade do mar”.

Estarán presentando o acto a deputada Montse Magallanes, a alcaldesa do Rosal Mª Carmen Alonso Alonso e a concelleira de Muller e Igualdade Charo Tabales Perozo.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

María Álvarez Lires, directora do proxecto tivo a idea de impulsar esta exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

A exposición está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que foi directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

” Achegas dás mulleres a sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as e os futuros profesionais e científicos.

http://marenfeminino.campusdomar.gal/

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies