spot_img
InicioGaliciaOs traballos de acondicionamento da Xunta no Castro de Viladonga (Lugo) permiten...

Os traballos de acondicionamento da Xunta no Castro de Viladonga (Lugo) permiten a localización dunha nova escaleira

O conxunto arqueolóxico e museístico de ViladongaA Consellería de Cultura e Turismo está a realizar unha campaña arqueolóxica financiada con fondos FEDER no Castro de Viladonga en Castro de Rei (Lugo), grazas a cal vén de localizarse unha nova escaleira de acceso á muralla.

Os escalóns están axuntados ao paramento da segunda muralla que forma parte do complexo sistema defensivo deste xacemento castrexo. Este novo elemento, que enriquece a visión de Viladonga como un poboado complexo e sofisticado, apareceu durante os traballos de limpeza e re-escavación das antigas sondaxes e cortes feitos anos atrás en murallas e parapetos. O equipo de arqueólogos encargado da campaña apunta que a finalidade destas escaleiras era comunicar o corpo de garda da gran entrada aberta no leste do asentamento castrexo co paseo de rolda que percorría todo o alto da cerca.

A escaleira conserva sete chanzos en moi bo estado e resulta semellante a outras localizadas neste e outros asentamentos, malia que é a primeira que está relacionada cunha porta ou sistema de acceso.

Esta campaña centrou a súa actividade na roza e limpeza da vexetación que cubría parte do sistema defensivo e dos recintos secundarios do xacemento arqueolóxico, así como na re-escavación dos antigos cortes abertos no sistema defensivo do castro, nas inmediacións da potente entrada Leste, xa fóra da croa do Castro. Pero a súa actuación fundamental consiste na re-escavación, consolidación e acondicionamento do espazo situado no ángulo nordés do interior da croa do Castro, nunha superficie de aproximadamente 900 m2.

En canto á roza da zona exterior da croa do castro o traballo feito permite apreciar agora unha estrutura colosal ao final da antemuralla, formando parapetos e foxos. No referente a re-escavación dos antigos cortes abertos no sistema defensivo do castro o máis salientable ata o de agora é, xunto a localización das referidas escaleiras, a exhumación dun gran torreón macizo de planta redondeada, de máis de cinco metros de diámetro, que orixinalmente formaba parte das estruturas que reforzaban o sistema de acceso ao poboado. Dito torreón foi localizado nunha intervención realizada no ano 1988 pero grazas ás actuacións que se están a levar a cabo na actualidade é posible velo en todo o seu esplendor e vai ser consolidado e acondicionado para converterse nun elemento máis dentro do circuíto de visita do Castro de Viladonga. Tamén a destacar a recuperación e acondicionamento dunha pequena parte dun dos fosos, que estaba semicolmatado e que agora quedará visitable.

Por último, a actuación no interior da croa do Castro está tamén comezada e está dando os seus primeiros resultados coa definición das estruturas habitacionais alí situadas e localización dun novo tramo do lenzo interior da muralla.

A Administración autonómica inviste 194.710,78 euros nesta campaña que vai continuar ata finais do mes de decembro deste ano polo que, segundo avancen os traballos, é posible que o Castro siga proporcionando máis estruturas e elementos arqueolóxicos.

O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga

O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cume dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.
A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo por mor das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidad e diversidade das estruturas descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos. O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudo e comprensión do mundo castrexo tras a conquista romana. No castro continúan de forma periódica os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.
O Museo do Castro de Viladonga abriuse ao publico en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas ao lado sueste do Castro, moi preto do seu croa.
O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Normas de acceso

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas), polo espazo dispoñible e para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.

Está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude.

Horario Museo: 
Aberto todos os días (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
De marzo a outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
Castro:
Acceso libre todos os días do ano. TarifaEntrada gratuíta ao castro e ao museo

Fuente//Concello 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.