O proxecto ‘Mulleres que mudan o mundo’ leva a Pontevedra a exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’

O proxecto 'Mulleres que mudan o mundo' leva a Pontevedra a exposición fotográfica 'Tecedoras do cambio'A exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’ inaugurouse en Pontevedra no marco do proxecto ‘Mulleres que mudan o mundo’ impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a vogal da Coordinadora, Lorena Seijo, presentaron ante os medios a mostra fotográfica composta por imaxes de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.

Son 23 fotografías de mulleres de 14 países imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades: labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras… Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e de mellora das condicións materiais e emocionais das súas comunidades.

A exposición conta as historias de loita e vida de Vanada, unha muller ‘intocable’ segundo o sistema de castas hindú que hoxe participa en procesos de empoderamento doutras mulleres; de Doña Luci, quen con 15 anos tivo que desprazarse cara á costa como consecuencia do conflito armado dos anos oitenta en El Salvador e que, trinta anos despois, formou unha cooperativa de mulleres mariscadoras; de Haydée Castillo, unha histórica activista e defensora dos Dereitos Humanos en Nicaragua que na década dos 70 se sumou á loita contra a ditadura dos Somoza, participou activamente na Revolución Popular Sandinista e hoxe está ameazada polo goberno de Ortega pola súa incansable loita polos dereitos das mulleres campesiñas; de Aixa, unha muller que non coñece outra terra que o campo de persoas refuxiadas saharuís de Tindouf. A exposición estará aberta ao público do 5 ao 21 de novembro no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra (Av. Montero Ríos s/n).

O proxecto Mulleres que mudan o mundo desenvolverase do 5 e o 28 de novembro en distintos concellos da provincia de Pontevedra (A Estrada, Cangas do Morrazo, Caldas de Reis, Pontevedra, Lalín, Silleda, Vigo e Vilagarcía) . O obxectivo principal desta iniciativa é visibilizar as loitas colectivas polos dereitos das mulleres en países en situación de pobreza e como a cooperación é unha ferrmenta de apoio para as comunidades e os pobos. Para iso, ademais da mostra fotográfica, organizarase unha xira con Juventina López e Muanela (Ita) Icol, dúas mulleres indíxenas de Guatemala que contarán, de primeira man, a súa experiencia de vida e loita tanto en espazos abertos á cidadanía como en centros educativos da provincia.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies