Carmela Silva pechou no Rosal a III edición de #ViolenciaZero

O Auditorio do Rosal acolleu esta mañá “100% contigo” de Mar Caldas, a penúltima das accións artísticas da terceira edición

O concello do Rosal acolleu esta mañá “100% contigo” de Mar Caldas, a penúltima das accións artísticas da terceira edición, acción que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que destacou que obxectivo destas acciós é “berrar contra as violencias machistas e pola igualdade, dicir alto e claro que todas as persoas temos os mesmos dereitos e que as mulleres, que somos o 52% da poboación, queremos cousas tan sinxelas e lóxicas como a metade de todo”. Neste eido Silva recordou a posición das mulleres en ámbitos como o xornalismo, a xustiza, a economía ou a  empresa, onde son maioría e, sen embargo minoría nos postos de dirección e mando. “Pese a estar máis formadas, ter capacidade e ganas, vivimos nun sistema que nolo pon todo máis difícil”, destacou a presidenta.

“Preocúpame que este ano xa levemos 53 mulleres asasinadas polas violencias machistas, que 54 nenas e nenos quedasen orfas e orfos de nai, ou que o ano pasado fosen 57 asasinadas. Acoiteladas, apuñaladas, envenenadas, atropelladas…” Silva,

Carmela Silva fixo fincapé en que esta desigualdade e o machismo vixente está a violentar ás mulleres a través da agresión verbal pero tamén da violencia física que ten, na súa cúspide, aos asasinatos de mulleres. Neste eido Silva recordou o nome das 53 mulleres asasinadas este ano e “o terrible modo” en que lles arrebataron a vida.

“Con Mulleres en Acción-ViolenciaZero visibilizamos ao longo de todo o ano desde 2015 a loita contra as violencias machistas á vez que poñemos en valor o traballo das mulleres artistas que traballan pola igualdade desde as súas obras.”Carmela Silva

A presidenta tamén destacou o papel activo dos concellos implicados e dos centros educativos xa que “a educación é a ferramenta máis potente que existe para transformar as mentes e as conciencias”. Sen embargo, Silva amosou a súa preocupación por datos que reflexan que se multiplicaron por catro os casos de violencia entre a mocidade e que máis da metade das e dos adolescentes cre que os celos están relacionados con estar namorados e namoradas. “Todas e todos vós sodes o futuro, tamén o presente –dixo Silva dirixíndose á mocidade do CPI Manuel Suárez Marquier presente no acto-, está nas vosas mans a capacidade de construír un mundo mellor, máis feliz e digno, e para iso tendes que comprometervos contra a violencia machista”.

Pola súa banda a alcaldesa en funcións, Charo Tabales, espresou o seu agradecemento á Presidenta e á Deputación de Pontevedra, “por este proxecto que non sería necesario nunha sociedade igualitaria, por plasmar toda esta realidade que non se pode silenciar”.

A peza “100% contigo”, de Mar Caldas, tivo como protagonistas a preto dun centenar de mulleres do Rosal. Deste xeito amosáronse fotografías das mulleres da vila que ían acompañadas da voz en off do alumnado que, en directo, presentaba a cada unha delas, indicando a súa profesión e explicando a todas as persoas que tiveron que coidar.  Deste xeito púidose ver no Rosal a mulleres da vila que traballan ou traballaron no campo, en adegas, no concello, mestras da vila, mulleres emigrantes, nais e tamén fillas, sendo a meirande parte delas coidadoras.Carmela Silva pechou no Rosal a III edición de #ViolenciaZero

Algunhas das mulleres reflexadas en ‘100% Contigo’ son as profesoras, veciñas, as súas nais ou as súas avoas.Carmela Silva pechou no Rosal a III edición de #ViolenciaZero

O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier presentoulas ao mesmo tempo que viamos as fotografías destas mulleres na pantallaCarmela Silva pechou no Rosal a III edición de #ViolenciaZero

Mar Caldas explicou o desenvolvemento da obra, que comezou coas entrevistas do alumnado ás mulleres das súas familias e contornas.Carmela Silva pechou no Rosal a III edición de #ViolenciaZero

Despois algunhas das protagonistas, alumnos e profesores que acudiron ao acto, tiveron a posibilidade de intervir.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies