spot_img
InicioVal MiñorNigránÁs instalacións deportivas de Nigrán xa contan con desfibriladores

Ás instalacións deportivas de Nigrán xa contan con desfibriladores

Ás instalacións deportivas de Nigrán xa contan con desfibriladores O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) ás tres instalacións deportivas municipais, (Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de San Pedro   e Pavillón Municipal de Panxón) ademais, ven de formar aos técnicos deportivos para capacitalos no seu uso.

O obxectivo é que as tres instalacións municipais sexan lugares cardioprotexidos e, consecuentemente, o Concello ofreceu este sábado a través do grupo salvavidas Aneks3 o curso formativo obrigatorio dirixidos aos monitores dos diferentes clubes que desenvolven competicións nestes espazos: E.D Val Miñor-Nigrán, Racing Vilariño, Club Baloncesto Nigrán, Panxón Futbol Sala e veteranos de fútbol sala.  Durante cinco horas adquiriron a capacitación para empregar correctamente este aparato e a realizar técnicas de reanimación cardiopulmonar.

“Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non, e igual de importante que é ter o aparato é contar con técnicos que o saiban empregar correctamente, concretamente aqueles que están nas instalacións cando se está a competir”, indica o alcalde, Juan González .

Coa mesma intención, antes de final de ano dotaranse de desfibriladores ás patrullas da Policía Local e, a continuación, instalaranse nos centros educativos (sempre previa realización do curso de capacitación). Compre suliñar que este verán foron dotados de DESA  tódolos postos de socorrismo das principais praias de Nigrán: Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1) e ao que se sumou o que xa dispón Protección Civil no seu vehículo.

O  DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.