Inicio Pontevedra As visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior volven a arrasar este outono

As visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior volven a arrasar este outono

Hoxe remataron as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior. As funcións deste ano aproveitaron as salas interactivas da musealización realizada no Castelo para realizar os percorridos cos seus antigos habitantes

O deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, asistiu hoxe ao castelo de Soutomaior para participar na última das visitas teatralizadas organizadas pola institución provincial, que se desenvolveron os días 14, 20, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro. Unha vez máis, a iniciativa da Deputación de Pontevedra acadou un éxito absoluto ao sumar un total de 300 participantes nas dez funcións que executou a empresa Troula Animación S.L. Neste eido, as prazas foron cubertas en menos de 24 horas e 5.000 persoas se quedaron en lista de espera.

Máis polo miúdo, as visitas teatralizadas, dunha duración de 45 minutos, achegaron ás familias da provincia as historias do castelo desde un punto de vista próximo, divertido e participativo. Ademais, para levar a cabo a actividade aproveitáronse as salas interactivas do castelo e, así, os participantes puideron facer percorridos polo edificio acompañados dos antigos habitantes do castelo, bufóns, cabaleiros, cociñeiros e cociñeiras, trobadores e trobadoras, e a gran novidade deste ano, a pantasma do castelo, “O Alemanote”.

Con estas visitas, que este ano celebran a súa terceira edición, o goberno de Carmela Silva quixo ofertar unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores, dun xeito divertido e interactivo no que as nenas e nenos puideron coñecer a súa historia dende un punto de vista máis próximo, converténdose cada visita nunha verdadeira aventura. Dende a reapertura do Castelo o pasado mes de maio, xa pasaron por Soutomaior 23.000 persoas, un 110% máis que no mesmo período maio-setembro de 2017.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies