spot_img
InicioVal MiñorNigrán'Guardesiña', unha fémia de lobo mariño que apareceu varada na Guarda, recupérase...

‘Guardesiña’, unha fémia de lobo mariño que apareceu varada na Guarda, recupérase no CEMMA de Nigrán

guardesina-unha-femia-lobo-marino-apareceu-varada-na-guarda-recuperase-no-cemma-nigranA fémia de lobo mariño achada por un mariñeiro no peirao da Guarda e bautizada como Guardesiña, recupérase na Coordinarora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) en Nigrán.

O exemplar, unha femia de 85 cm de lonxitude e 14 kg de peso, foi localizada o pasado 14 de xaneiro no porto da Guarda (Pontevedra) con síntomas de desnutrición, deshidratación e afección respiratoria. Por este motivo, decidiuse o seu traslado inmediato á unidade de coidados intensivos que ten instalada a CEMMA en Nigrán por se fora necesario ingresar nun medio artificial controlado a un ou varios lobos mariños que necesiten rehabilitación.

O estado de Guardesiña no momento do ingreso era moi reservado, sendo diagnosticada e tratada polo equipo veterinario dunha afección pulmonar grave e desnutrición. A evolución nos días seguintes foi positiva, mellorando o seu estado xeral ao recuperar a temperatura corporal, diminuír a afección respiratoria e comezar a alimentarse por si mesma.guardesina-unha-femia-lobo-marino-apareceu-varada-na-guarda-recuperase-no-cemma-nigran

“Xa se alimenta de xarda tres veces ao día e pesa actualmente 15 kg, un máis de cando chegou”, explican dende o CEMMA, onde o obxectivo é, trala súa recuperación, devolvela ás costas de Irlanda na Primavera.

Nestes momentos, o animal mantén aínda un estado de saúde delicado pero está fóra de perigo. O máis importante agora é que recupere a súa capacidade de alimentarse por si mesmo. Este será o factor determinante á hora de tomar unha decisión sobre o seu retorno ao medio mariño, un proceso para o cal se adoita contar coa colaboración dos barcos arrastreiros para poder achegar a estes animais á súa área de procedencia.

Guardesiña recibiu onte a visita do alcalde de Nigrán, Juan González.“Ás veces só somos conscientes do que significa o CEMMA cando ocurren fitos como este, pero se trata dunha entidade de referencia que traballa arreo todo o ano polos animais mariños; para Nigrán é un orgullo que teñan aquí a súa sede. Dende o Concello aproveitamos esta ocasión para recoñecer o seu labor e agradecer o seu traballo”, sinala o alcalde, Juan González.guardesina-unha-femia-lobo-marino-apareceu-varada-na-guarda-recuperase-no-cemma-nigran

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.