Inicio Pontevedra A exposición "Nado en pedra" chega aos xardíns da Deputación para poñer...

A exposición “Nado en pedra” chega aos xardíns da Deputación para poñer en valor o traballo da Escola de Cantería

exposicion-nado-pedra-chega-aos-xardins-da-deputacion-poner-valor-traballo-da-escola-canteriaA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, inaugurou este venres 26 de xaneiro a exposición “Nado en pedra”, que estará nos xardíns da Deputación ata o vindeiro 18 de marzo, despois do seu paso por Cambados, Nigrán e O Rosal. Esta exposición tamén estivo preto de 3 meses en Santiago de Compostela a petición do Concello.

“Nado en pedra” é unha exposición itinerante da Escola de Cantería que, en verbas da presidenta da Deputación de Pontevedra, “ten un dobre obxectivo: por un lado poñer en valor a extraordinaria formación que se imparte na Escola e por outro poñer tamén en valor este oficio tradicional que hoxe, no século XXI, tamén ten futuro, tal e como demostran os importantes traballos que están realizando os nosos alumnos e alumnas en Barcelona, Londres, Washington e moitos outros lugares.”

Pola súa banda, César Mosquera sinalou que “o máis relevante é que o oficio da cantería poida manterse co paso dos anos porque o oficio tiña o risco de perderse pero co traballo da Escola de Cantería da Deputación puido darse continuidade a esta profesión tan nosa.”

Dita exposición componse de 17 pezas de gran tamaño, algunhas delas de máis de 1.000 quilos de peso, que teñen por temática a figura humana. A través destes traballos amósanse algúns dos oficios tradicionais máis senlleiros da nosa terra, como o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá da época co trasfondo da emigración.

Durante a inauguración, Carmela Silva e César Mosquera, xunto a varios membros da corporación provincial fixeron un percorrido polas 17 pezas da exposición guiados por Enrique Velasco, director técnico da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

Carmela Silva subliñou que “a mostra pretende que a xente coñeza a extraordinaria formación da Escola e o propio oficio da pedra que, no século XXI, tamén ten futuro”

Sobre o significado da exposición, Carmela Silva sinalou que “recordar a nosa historia facilita o noso futuro. Os pobos que non recordan a súa historia poden volver a repetila e non queremos repetir a dramática situación da emigración.”

A exposición organizada pola Deputación de Pontevedra favorece, ademais, un achegamento á arte do traballo a man da pedra, especialmente por parte das xeracións máis novas, que poden descubrir así este oficio tradicional que é tamén unha profesión con futuro e que cada vez está a ter máis demanda, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

A Deputación de Pontevedra pon a disposición de todos os concellos da provincia esta exposición que poderá instalarse en cada municipio por un prazo máximo dun mes. Os concellos interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa na web da Deputación. Desta maneira, despois de que a cidade de Pontevedra goce desta exposición, será o concello da Guarda quen acolla “Nado en pedra.”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies