spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda conmemora o décimo quinto aniversario do Prestige cunha homenaxe á...

A Guarda conmemora o décimo quinto aniversario do Prestige cunha homenaxe á «Marea Branca»

O vindeiro domingo 19 de novembro o Concello da Guarda celebrará unha homenaxe dedicada a todas as persoas que contribuíron á limpeza das costas galegas tras o desastre causado polo afundimento do petroleiro Prestige.

O acto comezará ás 12:30 horas e terá lugar no Mirador de Fonte Quente  xunto ao monumento «Homenaxe á Marea Branca», coincidindo coa conmemoración do décimo quinto aniversario do astroso acontecemento que provocou unha vaga de solidariedade e compromiso cidadá en prol da conservación e coidado da costa de Galicia.

A homenaxe contará coas intervencións do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; un membro da organización ecoloxista Greenpeace; o ex Patrón Maior da Confraría de Baiona e voluntario da Marea Branca, Suso López; e o creador do monumento e impulsor do acto de homenaxe, Xabier Garrido.

Anímase ás persoas que asistan ao acto a que contribúan aportando unha pedra para completar a base de monumento, cuxo conxunto simboliza a vaga de voluntarios e voluntarias que fixeron posible a recuperación do litoral galego.

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.