Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar nomea fillo adoptivo a Victoriano Taibo

Gondomar nomea fillo adoptivo a Victoriano Taibo

entrega-do-premio-de-poesia-victoriano-taibo-no-auditorio-de-gondomar

Gondomar nomea fillo adoptivo a Victoriano Taibo o venres 8 de febreiro no auditorio Lois Tobío ás 20:00h.

O escritor e mestre Victoriano Taibo, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega, será fillo adoptivo de Gondomar a título póstumo a partir do venres 8 de febreiro do 2019 nun acto que terá lugar no auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:00h .

O goberno municipal vai nomealo a petición do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), como paso previo á solicitude dun Día das Letras na súa honra e tras anos de traballo na difusión da súa figura e da súa vinculación co municipio, dado que impartiu clases na parroquia de Morgadáns entre 1930 e 1950, a súa etapa máis prolífica.

O autor que lle da nome ao prestixioso premio de poesía organizado polo IEM, que cumpriu o ano pasado a súa undécima edición con centos de obras e de poetas participantes ao longo da súa traxectoria, será recoñecido por parte do Concello cun título que ata o de agora só ostenta Lois Tobío -diplomático, escritor e investigador da figura do conde de Gondomar- ao que está dedicado tamén o auditorio municipal.

Amenizarán o acto os alumnos e alumnas do Conservatorio Municipal e o cantautor Paco Barreiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
286SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies