Inicio Val Miñor Gondomar O equipo de Show do CPA Gondomar revalida o título como Campioas...

O equipo de Show do CPA Gondomar revalida o título como Campioas de Galicia

O pasado sábado 2 de febreiro, celebrouse en Vigo o XVIII Campionato Galego grupos Show (Grupos grandes e pequenos), e novamente o Club de Patinaxe Artística de Gondomar proclámase campión de grupos pequenos demostrando a súa gran forza, disciplina e gran dificultade co seu show “Saint Mary” co que brillaron e rodaron ata o podium revalidando o seu título como campioas galegas.

Esta é unha vitoria máis que merecida para o grupo gondomareño que adestra practicamente a diario de maneira incansable, e nesta competición foron as triunfadoras da tarde con puntuacións que non baixaron do 9, máximas puntuacións da tarde para o equipo de show do CPA Gondomar, superando inclusive as puntuacións dos grupos grandes.

O campionato constaba de 9 grupos pequenos e 8 grandes. O mesmo daba comezo ás 17.30 e finalizaba o evento coa entrega de premios ás 21.30.
As Travesas acudiron para animar e gozar do evento, centos de persoas e
autoridades, tanto de Vigo como de Gondomar. As bancadas con máximo aforamento puideron gozar do gran evento en xeral e en particular de St. mary psychiatric hospital; “encerrada e custodiada, sometida mediante pastillas, cadeas e grilletes escenificouse como unha seda con elementos sorprendentes como aterradores na pista do pavillón Central.

O adestrador David Figueroa é o gran artífice deste show que deixou anonadado ao público coa arrepiante escena, terror, velocidade, sincronización, técnica de primeiro nivel na patinaxe artística sobre ruedasy todo froito do gran traballo continuo do adestrador escenificado polas súas tenaces patinadoras que se viron rencompensadas co trofeo e medalla de ouro o cal puideron elevar con gran satisfacción polo gran traballo realizado.

O grupo sen descanso seguirá adestrando duramente para o Campionato de España que nesta ocasión disputarase en Guadalaxara. Dando comezo o venres 8 de marzo no que se celebrarán as probas dos equipos show grandes e o sábado 9 de marzo os equipos show pequenos. En horario de mañá, en ambas as xornadas, levarán a cabo os adestramentos oficiais e as competicións celebraranse en horario de tarde.

Ese campionato é previo ao campionato europeo e ao mundial, de aí a importancia do mesmo, xa que desta cita guadalaxareña sairán os grupos que se enfrontarán na proba europea e no mundial que se celebrará en xullo, en Barcelona, coincidindo cos World Roller Games, evento deportivo que recolle todas as disciplinas da patinaxe.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies