spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar celebra o Días das Letras Galegas con dous días de actividades...

Gondomar celebra o Días das Letras Galegas con dous días de actividades adicados a Carlos Casares

gondomar-celebra-o-dias-das-letras-galegas-con-dous-dias-de-actividades-adicados-a-carlos-casaresO Conservatorio Elemental de Gondomar inicia os actos de homenaxe mañán día 16 de Maio ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío, cun concerto adicado ó escritor en colaboración cos alumnos do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán).

O concerto contará coa estrea da obra “Amemos” para coro e orquestra, con texto de Carlos Casares e Composición de Patricia Goberna.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).

O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.