spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar acolle a III Milla Solidaria de Anemia Fanconi

Gondomar acolle a III Milla Solidaria de Anemia Fanconi

Onte presentouse en Gondomar a III Milla Solidaria de Anemia Fanconi, que se celebrará o vindeiro 26 de marzo na vila.

O acto foi presidido polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quen estivo acompañado pola  concelleira de Deportes Nuria Lameiro , o alcalde de Nigrán Juan González, a concelleira de Deportes de Baiona Mª Jesús Martins, Óscar Fernández  Director técnico da Federación Galega de Atletismo, representantes da Asociación  Española de Anemia Fanconi e representantes de ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo).

Celebrarase o día 26 a partir das 10:30, na contorna das inmediacións do  campo de Futbol das cercas cun total de 1069 metros que un ano máis tamén se fará en cadeira de rodas e con categorías diferenciadas e adaptadas.

A carreira solidaria chega este ano a Gondomar despois de celebrarse os anos anteriores en Nigrán e Baiona.

Como lembraron os asistentes resulta de fundamental importancia para enfermidades como a Anemia Fanconi que exista unha concienciación sobre a necesidade de doar médula. Por iso a Asociación poñerá a tarde do sábado 25 a disposición dos asistentes un espazo no que expliquen como leva a cabo esta doazón, ese mesmo día é o marcado para a recollida de dorsais (16-20h) no Centro Neural (Xefatura de Tráfico) de Gondomar.

Para poder participar na carreira é necesario apuntarse antes do día 22 deste mes, o importe íntegro será doado á Asociación Española de Anemia Fanconi. A inscrición poderase formalizar na páxina  web Carreiras Galega,  presencialmente na Piscina do Val Miñor en Ramallosa, en Deportes Athletics en Avda. Balaídos 41(Vigo) e en Bikila na Avda. de Castrelos 190 (Vigo).

No caso de que non se queira correr a carreira pero si facer o donativo a organización creou o Dorsal 0, desta maneira farase a achega de diñeiro para esta causa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.