spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs participantes no "Valiemprega Xove" ofrecen duas actividades para coñecer o Val...

Os participantes no “Valiemprega Xove” ofrecen duas actividades para coñecer o Val Miñor

os-participantes-no-valiemprega-xove-ofrecen-duas-actividades-para-conecer-o-val-minorO Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ofrece os vindeiros días 9 e 10 de marzo unha serie de actividades en colaboración coa Concellería de Turismo de Nigrán. Ditas actividades serán realizadas por alumnos e alumnas da especialidade de promoción turística que se cursa neste Obradoiro.

O xoves día 9 de marzo terá lugar ás 20 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a charla divulgativa “Percorrendo o Val Miñor”, dirixida ao tecido asociativo local e aberta a toda a veciñanza, co obxectivo de difundir unha imaxe conxunta dos valores patrimoniais e dos recursos e potencialidades coas que conta a comarca miñorana.

O venres 10 de marzo terá lugar pola tarde o percorrido guiado “Senda do Rio Muiños-Praia América-Foz do Miñor”, aberto a toda a cidadanía e centrado fundamentalmente nos valores naturais e paisaxísticos desta zona.

os-participantes-no-valiemprega-xove-ofrecen-duas-actividades-para-conecer-o-val-minorO lugar e hora de encontro para a visita guiada será a explanada de Praia América-Lourido (xunto a escola de vela) ás 16.30 horas. Estímase que o itinerario terá unha duración de aproximadamente dúas horas.

Para participar neste percorrido guiado, de carácter gratuito, os interesados deben apuntarse previamente chamando ao teléfono municipal de atención ao cidadán 986365000, en horario de 8 a 15 horas.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.