spot_img
InicioBaixo MiñoO Goián Club de Fútbol asina un convenio de colaboración co Real...

O Goián Club de Fútbol asina un convenio de colaboración co Real Club Celta de Vigo

Os rapaces e rapazas do Goián Club de Fútbol convértense deste xeito nos primeiros xogadores do Baixo Miño en formar parte da Escola de Fútbol do Celta.

A sinatura do convenio tivo lugar esta semana no Concello de Tomiño e contou coa presenza da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o Concelleiro de Deportes do Concello, Ismael Troncoso; e persoas representantes do RC Celta de Vigo e o Goián CF.

Ao longo da colaboración o Celta transmitirá os seus coñecementos deportivos aos adestradores e monitores do Goián durante as vindeiras tempadas. Os coñecementos compartidos non estarán baseados unicamente en aspectos técnicos, senón que buscan ir máis aló e incluír tamén métodos socio-deportivos e socio-educativos que fomenten valores e habilidades como o traballo en equipo, respecto e cooperación, convivencia ou compañeirismo entre outros.

Os aproximadamente 100 mozos e mozas que se verán favorecidos por este convenio, encádranse dentro das categorías inferiores, ata a de xuvenís, e supón sen dúbida, unha oportunidade de mellora e adaptación para progresar nas novas técnicas de adestramento existentes na actualidade.

O Concello de Tomiño destaca a importancia deste convenio, que supón unha oportunidade para o Goián FC de seguir mellorando de xeito integral e fortalecendo a aposta polo deporte de base.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.