Inicio Val Miñor Baiona Oitava edición da Travesía a Nado de Baiona

Oitava edición da Travesía a Nado de Baiona

Record-participantes-total-270-inscritos-VI-TRAVESÍA-NADO-Vila-Baiona-2015

O Concello de Baiona organiza o vindeiro 8 de xullo a oitava edición da Travesía a Nado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor. O prazo de inscrición finaliza o mércores 5 de xullo ás 12.00 horas.

O vindeiro 8 de xullo, a partir das 17.00 horas, desde a praia da Ribeira, partirá unha nova edición da Travesía a Nado Concello de Baiona. A proba organízase  en varias categorías e distancias de carácter mixto: sub 12 – 200 metros (nados no ano 2005) a partir das 17.00 horas na praia da Ribeira; sub 16 – 500 metros (2004 – 2001) ás 17.15 h tamén na praia da Ribeira, e adultos (1977 – 2000)  e veteranos (1976) cunha distancia de   1.900 metros e saída ás 18.00 horas dende a praia da Barbeira  e chegada na Ribeira.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona  e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores: Coca Cola, Area, Carrefour, Cardio Bayona, Frutas María Vilar, La Caixa,  MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, WetSports Ladeira, Waira e Portos de Galicia.

Para formalizar as inscricións deberán  dirixirse fisicamente  ao Pavillón Municipal de Baiona, á Piscina Mancomunada do Val Miñor ou través da plataforma informática de www.championchipnorte.com. Establécense os teléfonos de información 986 356 558 – 986 353 677 ou tamén a través do correo deportes@baiona.org e piscinavalminor@serviocio

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies