
O próximo 16 de marzo o voluntariado de Greenpeace estará a recoller envases de plásticos na Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela co obxectivo de realizar unha auditoría dos envases plásticos que hai nestas costas e no medio ambiente, e demandar ás empresas o fin de envases plásticos de usar e tirar, que non se responsabilizan da súa reciclaxe, e ás administracións unha regulación máis esixente. O mesmo sábado van realizar recollidas de plásticos noutras 15 localizacións en todo o territorio español dentro da campaña de Greenpeace contra os envases plásticos dun só uso que empregan as compañías
CONVOCATORIA
A Coruña
¿Dónde? Playa de As Lapas
¿Cuándo? De 11:00 a 14:00 horas
Pontevedra
Onde? Praia de Lourido (Poio)
Cándo? De 10:30 a 14:00 horas
Santiago de Compostela
¿Dónde? Parque Eugenio Granell ¿Cuándo?
De 10:30 a 15:00 horas
Campaña “Maldito Plástico”
Greenpeace lanzou o pasado 5 de marzo a campaña “Maldito Plástico” na praia de Gaztelugache (Biscaia) -localización real de Rocadragón, en Xogo de Tronos-, instalando alí un gran dragón que cuspía plásticos, para denunciar a avalancha plástica que sofren o noso mares e océanos.
Días máis tarde presentouse o informe‘Maldito Plástico: reciclar non é suficiente’ que demostraba que apenas se recuperan o 25,4% dos envases plásticos que se consomen en España, lonxe das cifras oficiais publicadas pola Administración ou os sistemas integrados de xestión de residuos.
Como parte da mesma campaña “Maldito Plástico”, a pasada fin de semana levou a cabo a primeira recollida de plásticos na praia de Ereaga ( Getxo) xunto co modelo internacional Jon Kortajarena. A acción, á que asistiron centos de persoas, serviu para recoller plásticos desta zona costeira e demostrar que nin o sistema de reciclaxe funciona correctamente nin as empresas están a responsabilizarse dos envases plásticos que empregan nos seus produtos.
Ademais, Greenpeace entrou esta mesma semana no macrovertedero de Valdemingómez (Madrid) denunciando a insustentable xestión dos envases plásticos e despregando unha pancarta xigante de 30×12 metros co lema “Maldito plástico” para denunciar unha vez máis como as empresas e marcas que producen, distribúen e venden envases de plástico non se están responsabilizando da recuperación e reciclaxe dos mesmos.
Greenpeace esixe menos produción ás empresas, máis regulación ás administracións e a colaboración da cidadanía como consumidores/ as. Precisamente, mañá celébrase o Día do Consumidor e, como tales, temos un gran poder, xa que podemos esixir tanto a marcas como supermercados que nos proporcionen alternativas reutilizables, rellenables, ou recargables para frear este problema.
Un modelo baseado só na reciclaxe é evidente que non funciona, xa que o sistema tocou teito hai tempo. Este tense que complementar con recollidas selectivas de residuos máis eficientes, como a recolleita porta a porta, o pago por xeración ou un sistema de devolución e retorno, que son a única vía para volver ter envases reutilizables de forma masiva.
En ningún caso Greenpeace pide deixar de separar os nosos residuos para que poidan ser reciclados, pero si advirte que é necesaria unha redución do consumo de envases de usar e tirar e apostar masivamente pola reutilización dos mesmos, se queremos comezar a loitar contra a contaminación plástica que sofre o noso planeta.



