spot_img
InicioBaixo MiñoGala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño

Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño

Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo MiñoO Auditorio de Goián acolleu o pasado venres 18 de febreiro a Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño

Ponte…nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizaron o acto, ao que asistíu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.

O alumnado participante de ambos centros foi o encargado de conducir a gala-presentación que contou coas actuacións de Andrea Pousa e de Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais proxectáronse imaxes da gravación do primeiro Meniños Cantores, ante un numeroso e entusiasta público.

No acto interviron a xa citada presidenta do Consello da Cultura Galega, e o presidente de Ponte…nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González. Os profesores Luis Lechuga do IES Antón Alonso Ríos e Xosé Manuel Méndez explicaron o traballo desenvolvido polo alumnado no proxecto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.