spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaArbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”

Arbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”

Arbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”Entre as actividade que se van a  organizar a curto prazo e que foron tratadas nesta reunión, será  o recorrido do Camiño de Santiago en tres modalidade: a pé, en bicicleta e en autobús e que terá lugar a finais de xuño e principios de xullo

O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu a pasada semana, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo, e o presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, a que asistiron os concelleiros de Deportes, co obxetivo de planificar as actividades de cooperación a realizar entre os tres concellos no ano 2022.

2022 é un ano moi especial para o Camiño de Santiago e para todos os peregrinos. En 2021 celebrouse o Ano Santo Compostelán número 120 da súa historia, pola situación excepcional da COVID-19 o Papa Francisco prolongou o Ano Santo ao 2022

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifesta que “a actividade “O Camiño de Santiago entre Amigos”,  ademáis de que contará este ano cunha gran afluencia de peregrinos, os veciños e veciñas de Arbo, Crecente e Melgaço,  poderán estreitar máis os lazós de amizade e compartir as experiencias únicas que esta actividade do camiño ofrece”

No ano 2019, tiveron lugar as primeiras reunións entre os alcalde dos tres concellos, para a creación da eurocidade Arbo-Melgaço-Crecente,  reunións que quedaron aprazadas pola crise sanitaria e que se retomaron a finais do ano pasado.

Coa creación da eurocidade, pretendese establecer leitos de comunicación e cooperación para o desenvolvemento de futuras iniciativas culturais, deportivas, sociais…. Informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

Esta será a primeira oportunidade en que os concellos traballen conxuntamente en este tipo de actividade e os rexedores de ambas localidades afirman que comeza así unha positiva colaboración entre ambos municipios que entende que o traballo conxunto é o camiño de futuro para ambas cidades.

Os Concello de Arbo e Crecente realizaron as actividades da Xura de Bandeira e a Homenaxe a Garda Civil  no ano 2019. Arbo e Melgaço organizaron varios actos no ano 2016 co gallo do homenaxe aos “Bombeiros Voluntarios de Melgaço” , andainas gastronomicas e a feira gastronomica,  pero para os tres concellos xuntos,  será a primeira vez.

- Publicidade -spot_img