spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Porriño quenta motores para dar a saída do Gran Camiño

O Porriño quenta motores para dar a saída do Gran Camiño

O Porriño quenta motores para dar a saída do Gran CamiñoOnte realizouse un traxecto en bicicleta de parte da primeira etapa da volta ciclista a Galicia, que se celebrará do xoves ao domingo da próxima semana e da que o Porriño será punto de inicio

A próxima semana Galicia acollerá un evento deportivo de primeiro nivel e o primeiro do ano de impacto internacional, a volta ciclista O Gran Camiño. O Porriño, concello cunha enorme tradición ciclista, foi o elexido para dar a saída desta carreira que percorrerá as catro provincias galega atravesando distintos tramos de rutas xacobeas.

Esta mañá realizouse un traxecto de parte da primeira etapa desta volta ciclista a Galicia. Na saída desde o Concello o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu aos ciclistas: o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz e ciclistas como Ezequiel Mosquera, Samuel Blanco, Álvaro Pino, Carla Fernández, Miguel Rodríguez, José González ou Rafa Sáez.

O rexedor reiterou a súa satisfacción por “destacar o Porriño como saída deste evento que atraerá a moitos turistas e visitantes ao noso municipio, ademais de proxectar todo o que somos e o que temos que ofrecer”.

O Gran Camiño será unha importante plataforma para amosar O Porriño a nivel internacional. Percorrerá todas as provincias galegas atravesando parte do Camiño Portugués o xoves na etapa entre O Porriño e Vigo; do Camiño de Fisterra e Muxía o venres no percorrido entre Bertamiráns, en Ames, e o mirador do Ézaro, en Dumbría; paisaxes da Vía da Prata o sábado no tramo entre as localidades ourensáns de Maceda e LUíntra; mentres que o Camiño Francés estará presente o domingo na última xornada coa contrarreloxo en Sarria.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.