spot_img
InicioBaixo MiñoFotografía do século XIX nas festas de San Telmo en Tui con...

Fotografía do século XIX nas festas de San Telmo en Tui con Lab on Wheels”

Fotografía do século XIX nas festas de San Telmo en Tui con Lab on Wheels”Conmemorábase así a presenza hai cen anos en Tui da barraca dun fotógrafo ambulante segundo recollía o xornal La Integridad

Revista COUSAS DE Nº17

Os ferrotipos, unha técnica fotográfica do século XIX, estivo presente o pasado domingo e luns na praza da Inmaculada da man do fotógrafo ambulante da empresa Lab on Wheel.  Coincidindo coas festas de San Telmo lembrábase así a presenza dun fotógrafo ambulante en Tui hai cen anos  segundo recollía daquela o xornal tudense La Integridad.

Durante a fin de semana, este fotógrafo empregou unha técnica do século XIX coñecida coma o “colodión húmido”. Trátase dun proceso artesanal que consiste en facer unha fotografía formada de prata pura sobre unha praca de alumiño ou cristal. Este fotografo ambulante de Lab on Wheels  fixo retratos con este sistema a todas aquelas persoas que o desexeron, previo pago, segundo a tarifa do fotografo

O público puido ver coma se toma a fotografía cunha cámara clásica, como se prepara artesanalmente cada placa e coma se revela diante dos clientes.

Por outra parte para todos aqueles que desexen viaxar no tempo a través da fotografía cómpre lembrar que até finais de mes na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez está a mostra ‘As orixes da fotografía en Tui’ que recolle parte da obra dos primeiros fotógrafos con estudo en Tui entre finais do século XIX e comezos do século XX. Son Maximino Antonio, Pedro Varela, Rosendo Bugarín Menoyo e Gonzalo Gutiérrez

A exposición pode visitarse de luns a venres abre de 9 h a 14 h e de 16 h a 21 h, e os sábados, domingos e festivos de 12 h a 14 h e de 17 h a 21 h.

- Publicidade -spot_img