Fin de semana de sensibilización ambiental nas praias do Muiño e Area Grande da Guarda

As praias guardesas do Muíño e Area Grande acolleron esta fin de semana xornadas de sensibilización ambiental

Durante a pasada fin de semana as praias guardesas de Area Grande e O Muíño, ámbalas dúas con bandeira azul, acolleron dúas actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio.

Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, o sábado 8 de setembro a Praia marítima da Area Grande acolleu a primeira destas actividades para concienciar aos bañistas de cal é a duración real dos residuos que se verten nas nosas praias. Sorprendeu nesta xornada a alta participación, amosando os bañistas un grande interese por esta actividade e por coñecer canto tardan en desaparecer do noso medioambiente os diferentes elementos que alí se amosaron.

A segunda actividade realizouse na xornada do domingo día 9 de setembro na Praia do Muíño, onde a través de varios obxectos, e en modo de xogo, os participantes puideron descubrir por exemplo canto tempo tarda en desaparecer unha botella de cristal, ou unha cabicha, entre un total de 12 produtos.

Os participantes destas dúas xornadas medioambientais víronse moi sorprendidos, por exemplo, co tempo que tarda en desaparecer unha «palliña» das que se empregan para os refrescos, que pode tardar ata 200 anos en descompoñerse, ou unha botella de cristal, que pode tardar ata 4000 anos.

Por este motivo é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe, emprego de papeleiras e contedores, entre outros, para entre todos, manter as nosas praias e contribuír ao mantemento do noso medioambiente.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies