Tomiño recoñece a contribución social e cultural de Tinita Ozores

Tomiño recoñece a contribución social e cultural de Tinita OzoresTomiño recoñece a contribución social e cultural de Tinita Ozores, nun emotivo acto,  no marco das Festas do Alivio 2018

Natural de Goián, filla de emigrantes e  profesora de profesión, Clementina Ozores Ozores “Tinita”, foi homenaxeada onte polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio.

Nunha mañá tibia e luminosa, políticos da corporación local do Concello, ex-alcaldes, homenaxeados en anos anteriores; representantes da Mariña, Garda Civil, Policía Local; alcalde de Salceda de Caselas; familiares, amigos, veciños e ex-alumnos, arrouparon á homenaxeada nun acto sinxelo e emotivo que tivo momentos moi divertidos grazas ás palabras e actitude da propia galardoada.

Sobre as once da mañá, decenas de persoas congregáronse na Praza do Seixo, para asistir ao Acto Cívico que, hai algo máis dunha década, creou ou goberno local, para recoñecer a contribución de persoeiras e persoeiros tomiñeses nos máis diversos ámbitos.

Autoridades locais e doutros concellos, familiares, amigos e ex- alumnos arrouparon á homenaxeada, cuxo discurso arrancou moitas risas e aplausos

Tinita, coma a coñecen todos en Goián e boa parte de Tomiño, foi a primeira en falar, dando ás grazas ao Concello por pensar nela coma alguén digno de tal homenaxe. “En Goián eu son coma unha referencia; moitos rapaces din que queren ser coma min cando sexan maiores; o que non saben eles é que eu tiven uns comezos moi duros”. Así comezou a súa intervención Tinita, quen fixo un repaso por algúns dos máis de 70 países visitados ao longo da súa vida, viaxes que a converteron nunha adiantada da súa época, aventureira e valorosa muller independente.

Tomiño recoñece a contribución social e cultural de Tinita OzoresPreviamente relatou algúns pasaxes da súa infancia e xuventude, en tempos da posguerra e contrabando; o seu paso pola universidade de Santiago, onde comezou estudando Farmacia e rematou licenciándose en Xeografía.

Por último, referiuse ao seu Goián natal coma un dos mellores lugares para vivir ben, e recomendou aos mozos e mozas non estar nunca ociosos e ter fe, confianza e esperanza no futuro.

Sandra González, pola súa banda, agradeceu a todos os presentes, e á Agrupación Musical de Goián, que amenizou o acto. Referiuse á homenaxeada coma a “unha veciña destacada por ser un exemplo de optimismo, ganas de aprender, pioneira que soubo ver no coñecemento e nas viaxes unha porta á liberdade. A pesar dos tempos difíciles que lle tocou vivir, sempre deixou pegadas de liberdade para que outras puidéramos seguir o seu exemplo”, dixo a alcaldesa.

A rexedora salientou tamén a faceta filantrópica de Tinita, pola súa activa implicación en todas as iniciativas sociais e culturais de Goián, coma a Asociación Antonio Fernández, o Centro Goianés, o Grupo San Roquiño, a Comunidade de Montes, etc.

Pechou o acto a presidenta da Agrupación Musical de Goián, Pilar Ramos, quen pronunciou unhas palabras de agradecemento a Tinita pola súa colaboración constante, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies