Ouro e prata para o piragüismo galego no Mundial de Maratón

Ouro e prata para o piragüismo galego no Mundial de MaratónOuro e prata para o piragüismo galego no Mundial de Maratón. O grovense Tono Campos proclamouse campión do mundo na modalidade de C1 senior, mentres que o tudense Manu Garrido fíxose co subcampeonato.

O piragüista do Breogán de O Grove Tono Campos proclamouse campión do mundo de maratón na modalidade de C1, despois de impoñerse na final da categoría do Mundial de Maratón que se está disputando en Vilaverde (Portugal), na mesma carreira Manu Garrido, deportista do Kayak Tudense- Axuda Paramos conseguiu o subcampeonato mundial, nunha carreira con claro acento galego.

O canoista grovense cruzou a liña de meta cun tempo 02:07:31.32 despois realizar un curto sprint co outro representante español Manuel Garrido. Campos mantívose na cabeza de carreira desde o inicio, controlando aos seus rivais para gardar forzas para os metros finais. Na última volta Campos e Garrido realizaron un rápido porteo que lles fixo separanse dos seus dous acompañantes, os padeeiros de Hungría e Rusia. Os dous deportistas galegos releváronse ata conseguir uns metros de vantaxe que lles fixo chegar a meta en solitario e así xogarse as medallas entre ambos. Ao final, despois duns metros dun duro man a man, o triunfou recaeu no padeeiro meco.

Para Manu Garrido esta medalla supuxo moitísimo esforzo, o de Tui tivo que remontar por dúas veces, despois de que na primeira ciaboga da regata cedese varios metros respecto ao grupo de cabeza e non foi ata a cuarta volta cando alcanzou ao grupo dianteiro. Pouco despois sufriu outro contratempo que levou aos xuíces para sancionalo cunha parada de 15 segundos a falta de dúas voltas para o final. A pesar de todo, se rehízo e foi capaz de loitar de xeito conxunto con Campos polo triunfo final.

Hoxe é a quenda das embarcacións dobres na que Tono Campos participará xunto a Jose Sánchez, nesta mesma competición os seus compañeiros no Breogán Óscar Graña e Diego Romero loitarán polos metais en xogo.

Ademais na modalidade de K2 Tania Fernández e Tania Álvarez tentarán buscar a súa primeira medalla internacional na modalidade de maratón.

Tamén onte competía Jenifer Casal na final de C1 senior, conseguindo un meritorio sexto posto.

A participación galega neste campionato está a realizar unha gran actuación desde o pasado xoves que deu comezo o torneo. Así ben, no primeiro día de competición María da Pena conseguía a cuarta posición en C1 xuvenil, mentres que Abel Dacosta terminaba sexto. O venres foi a quenda para Lara Feijoo e Joana Dos Santos que terminaron en sétimo lugar en K2 xuvenil, os canoistas sub 23 Rubén Dasilva e Damián González foron noveno e décimo respectivamente. Por último Aarón Diéguez finalizou en sétima posición en K1 sub23.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies