spot_img
InicioVal MiñorNigránO Festival ‘Solpor Monteferro’ congrega a preto de 2000 persoas na súa...

O Festival ‘Solpor Monteferro’ congrega a preto de 2000 persoas na súa primeira edición

festival-solpor-monteferro-congrega-preto-2000-persoas-na-sua-primeira-edicionO Concello de Nigrán manterá o festival ‘Solpor Monteferro’ como unha das citas de referencia na axenda estival do municipio ante a positiva resposta da xente nesta primeira edición.

O evento musical, nunha localización espectacular, con vistas do miradoiro de Monteferro á tardiña do pasado venres 21 e sábado 22, e coa música dalgúns dos mellores grupos locais, reuniu a preto de 2000 persoas nos dous días. Neste enclave único, un público de tódalas idades desfrutou dende ás 20.00 horas e de xeito gratuíto dos concertos de Blue Monk, Bliusvai, Dous, Moon Cresta e San Rockers, todos eles con fondas raíces en Nigrán.

Se no primeiro día se reuniron máis de medio millar de persoas, no segundo a cifra duplicouse ampliamente, todo elo sen que a presenza de xente nesta contorna supusese o máis mínimo desperfecto ou dano medioambiental e perfectamente organizado o aparcamento na zona (segundo datos facilitados polos organizadores).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.