Inicio Pontevedra Máis de 10.000 persoas xa visitaron este ano o Castelo de Soutomaior

Máis de 10.000 persoas xa visitaron este ano o Castelo de Soutomaior

mais-10-000-persoas-xa-visitaron-este-ano-castelo-soutomaiorCarmela Silva asegurou que “soamente nos primeiros vinte días de xullo o castelo foi visitado por preto de 4.000 persoas, un 30% máis que en xullo de 2016”

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo alto número de visitantes que está a rexistrar o Castelo de Soutomaior. Así, Silva subliñou que no que levamos de ano xa foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron ao recinto histórico e que “soamente nos primeiros vinte días de xullo o castelo foi visitado por preto de 4.000 persoas, un 30% máis que en xullo de 2016”.

Os datos rexistrados polo servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra manifestan que este ano os datos están a superar as expectativas de visitantes para o Castelo de Soutomaior. Así, soamente entre xaneiro e xuño foron máis de 6.000 as persoas que visitaron o recinto histórico destacando, ademais, as visitas en grupo.  De feito, Carmela Silva adiantou que xa hai reservas para visitas en grupo durante todas as fins de semana do mes de agosto.

Xunto ás 6.000 persoas que visitaron entre xaneiro e xuño o Castelo, hai que engadir as preto de 4.000 que o fixeron nos primeiros vinte días de xullo e as máis de 600 que mercaron a súa entrada para asistir ás visitas teatralizadas organizadas pola Deputación de Pontevedra en Soutomaior. Ao respecto, Silva amosou a súa satisfacción porque “este ano, tan so uns días despois do comezo da venda das entradas, esgotáronse as prazas dispoñibles polo que estamos a pensar que, no 2018, quizás teñamos que incrementar o número de funcións para dar resposta ás demandas da cidadanía”.

O servizo de Turismo Rías Baixas tamén está a detectar un interese crecente nas sendas do xardín botánico do Castelo de Soutomaior polo que, tal e como asegurou Silva, “a partir do ano que vén establecerase un sistema para contabilizar as visitas ao espazo exterior do castelo”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que durante o vindeiro inverno a institución provincial executará o proxecto de musealización do Castelo de Soutomaior, co obxectivo de crear un discurso expositivo máis atractivo e completo. Por ese motivo, segundo informou Silva, o edificio do castelo pechará entre decembro e marzo de 2018 cando se poderá ver xa a musealización do Castelo e desfrutar das novas programacións no recinto dirixidas ao turismo familiar.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies