Inicio Galicia Turismo de Galicia achega preto de 46.000 euros á mancomunidade de concellos...

Turismo de Galicia achega preto de 46.000 euros á mancomunidade de concellos do Camiño Francés para mellorar a sinalización dos seus recursos turísticos

turismo-galicia-achega-preto-46-000-euros-mancomunidade-concellos-do-camino-frances-mellorar-sinalizacion-dos-seus-recursos-turisticosA Xunta de Galicia destinará preto de 46.000 euros á Mancomunidade de concellos do Camiño de Santiago Francés para mellorar a sinalización dos recursos turísticos que se atopan nos distintos municipios galegos polos que transcorre este percorrido.

Máis en concreto, os concellos beneficiarios serán oito lucenses: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei; e tres máis da provincia da Coruña: Melide, Arzúa e O Pino.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a intención é colocar en cada concello da mancomunidade un tótem iluminado a dúas caras, que ofrecerá datos que axuden ás persoas que visiten a zona e aos peregrinos a procura de información para facilitar a súa estancia

“Esta medida sen lugar a dúbidas contribuirá á boa imaxe do Camiño Francés e á posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia”-indicou Balseiro.

O novo panel informativo disporá, por unha banda, do rueiro de cada concello coa lenda dos principais puntos de interese e, pola outra, os distintos recursos turísticos e do Patrimonio Cultural de Galicia ao seu paso polo Camiño de Santiago. Todos estes recursos contarán cun código QR que ampliará dita información nun aloxamento web tamén incluído neste proxecto.

Cómpre lembrar que o Camiño de Santiago Francés é a ruta máis popular entre os peregrinos e un dos camiños máis coñecidos entre os peregrinos e máis coñecido internacionalmente. Dispón de aproximadamente 160 quilómetros, e a zona mancomunada é testemuña deste percorrido dende que o camiñante entra en Galicia, ata que culmina o seu andar en Compostela.

A nova sinalización permitirá ademais que os peregrinos poidan facer un percorrido libre de ataduras, escollendo os quilómetros que vai percorrer, que visitar, cando descansar, onde comer, onde durmir, apoiado na información dispoñible.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies