spot_img
InicioVal MiñorGondomarFeijóo celebra e valora cos emprendedores da Pasaxe a nova situación do...

Feijóo celebra e valora cos emprendedores da Pasaxe a nova situación do polígono industrial

feijoo-celebra-e-valora-cos-emprendedores-da-pasaxe-a-nova-situacion-do-poligono-industrial

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe cos empresarios emprendedores do Polígono Industrial da Pasaxe as novas oportunidades que se abren neste parque empresarial en canto a xeración de riqueza e de emprego.

Durante unha xuntanza cos empresarios do polígono da Pasaxe o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, acompañado por representantes das distintas institucións públicas, – Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, Teresa Pedrosa, Delegada Zona Franca, Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar e Javier Díaz, presidente dos empresarios- celebrou hoxe a nova situación que se abre neste polígono e o que isto supón para os preto de 3.000 traballadores, ás empresas, confirmando que este esforzo colectivo pagou a pena porque Vincios, Gondomar e a área de Vigo se beneficiarán da plena consolidación dun importante polo de actividade empresarial e de emprego.

feijoo-celebra-e-valora-cos-emprendedores-da-pasaxe-a-nova-situacion-do-poligono-industrial
Foto: Ethel Váquez, Javie Díaz, Núñez Fejóo, Francisco Ferreira y Teresa Pedrosa

Puxo en valor o esforzo feito entre todos de maneira conxunta e coordinada, traballando na procura da solución máis acaída e máis eficaz para facer viable o crecemento deste polígono desde o punto de vista económico e xurídico.

“Hoxe rematou a situación de irregularidade”, “non so regularizamos a totalidade das empresas, ademáis temos a ocaión de ampliar o polígono para que outras empresas se poidan instalar nos futuros mese e anos”, valorou.

“A partires de ahora e en consecuencia todo queda legalizado e a partires de ahora Vincios volve a ser un pulmón económico, no soamente para Gondomar, tamén para a área de Vigo”, salientou.

Tras a xuntanza, o presidente da Xunta valorou e agradeceu os esforzos feitos por todos los que traballaron neste proxecto, o anterior alcalde e ao actual , Zona Franca, Consellería de Infraestructuras, Instituto da Vivenda e Solo e sobre todo a Asociación de Empresarios, celebrando unha vez máis o conseguido “por fin temos a solución para unha infraestructura vital e agora que se vai publicar no Diario Oficial de Galicia, xa poden empezar as obras”

Dividido en dous polígonos

O proxecto sectorial quedará dividido en dous polígonos que serán xestionados de xeito independente e mediante sistemas de actuación urbanística diferenciados.

feijoo-celebra-e-valora-cos-emprendedores-da-pasaxe-a-nova-situacion-do-poligono-industrial

A modificación  aprobada divide o proxecto sectorial da Pasaxe en dous polígonos, que se corresponden coa zona de empresas xa consolidada e na cal se atopan instaladas as empresas existentes na Pasaxe (polígono 1) e na zona pendente de urbanizar (polígono 2), foi impulsado e tramitada pola Xunta de Galicia despois de acadar o acordo cos empresarios asentados na zona, o Concello de Gondomar, a Comunidade de Montes e o Consorcio de Zona Franca, interesado no desenvolvemento de novo solo urbanizado correspondente ao polígono 2.

Así todas as actuacións que se leven a cabo no Polígono I da Pasaxe desenvolverase mediante o sistema de xestión urbanística de cooperación. As actuacións que se van realizar (regularización da ordenación, obras de reurbanización, cesión dos terreos destinados a vías, zonas verdes e equipamento, etc.) serán acometidas polo Concello de Gondomar con cargo aos propietarios do solo.

No proxecto sectorial aprobado establécese que o segundo polígono, onde é preciso executar a urbanización correspondente, será xestionado mediante o sistema de expropiación. Esta parte nova (fase 2) executarase íntegra, no en función da demanda,

En la parte nueva(fase 2) se ejecutará íntegra, no en función de la demanda; quedando  deste xeito todo urbanizado para dispoñer das parcelas.

Ademais, a modificación recolle un lixeiro incremento do ámbito orixinal do proxecto sectorial actualmente en vigor, xa que se incorporan ao ámbito uns terreos que inicialmente estaban excluídos do parque.

Lea máis: Aprobado o plan sectorial da Pasaxe. O polígono industrial dá un paso máis na consolidación do seu futuro

Lea máis: Polígono Industrial de A Pasaxe en Gondomar, máis de 400 millóns de razóns

 

- Publicidade -spot_img