spot_img
InicioVal MiñorGondomarAprobado o plan sectorial da Pasaxe. O polígono industrial dá un paso...

Aprobado o plan sectorial da Pasaxe. O polígono industrial dá un paso máis na consolidación do seu futuro

aprobado-o-plan-sectorial-da-pasaxe-o-poligono-industrial-da-un-paso-mais-na-consolidacion-do-seu-futuro
foto: Miembros da xunta directiva. De izd. a dcha.: Carlos Abalde (tesorero), Eladio Ramonet (vocal), Javier Díaz (presidente), Pablo Fernández (vicepresidente), Marcos Souto (vocal), José Luis Chamorro (asesor) e José Manuel Rodríguez (gerente)
Os empresarios do Polígono da Pasaxe encabezados pola súa actual directiva conseguen por fin e despois de anos de tentativas e de meses de moito e intenso traballo que o Consello da Xunta aprobe definitivamente a modificación do Proxecto sectorial do Polígono, paso esencial para o seu futuro, superando a irregularidad jurídica na que se encontraba.

“Despois de tantos anos queríamos ser prudentes”, “é algo histórico e que aínda nos custa crer”, así se manifestaba Javier Díaz, presidente da Asociación do Polígono A Pasaxe,trás coñecer a noticia, que xunto co resto da xunta directiva, indicaron que queren esperar ata a semana próxima e así reunir a todos os socios para celebrar a aprobación.

Sendo importante, insisten en que este é só un paso máis e que agora toca reunirse con Zona Franca e o Concello, co claro obxectivo de establecer un calendario de traballo que dea continuidade ao conseguido.

No horizonte está o crecemento do polígono e de maneira directa a creación de empregos. “Dado o tempo que se tardou e no momento no que estamos, esperamos que nos próximos anos duplíquese a cifra actual, chegando aos 6.000 postos de traballo”, manifestaba Javier Díaz.

O PLAN SECTORIAL, NECESARIO PARA GARANTIR O FUTURO DO COMPLEXO.

O devandito documento marca as pautas de consolidación dos 500.000 metros cadrados de extensión da que se compón o parque, a instalación e construción de todo o referente a dotacións e servizos, a estabilidade xurídica das empresas xa asentadas, pero ademáis abre as portas á expansión doutros 300.000 metros cadrados aínda sen consolidar. É dicir que unha vez obtido o visto bo da Administración, ábrense un gran abanico de posibilidades tanto dende o punto de vista da ampliación para as firmas que operan en Vincios, como para outras que vexan neste enclave unha boa situación para desempeñar as súas actividades empresariais. Unha condición indispensable para garantir a permanencia do complexo no futuro. Así mesmo a aprobación do Plan confirma o feito de que este enclave funciona como un motor económico, non só da comarca do Val Miñor senón también do municipio veciño de Vigo. E reforza dous sectores industriais que actualmente se configuran como alicerces da súa economía: a automoción e o mar.

CONTEXTO SOCIOECONÓMICO DO PARQUE.

O polígono industrial da Pasaxe, situado na parroquia gondomareña de Vincios, comezou a súa andaina a mediados dos anos 60 e a partir de aquí o seu crecemento foi exponencial. Dita expansión viuse parcialmente truncada trala anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1997 (PXOM) en 2005, e que lles impediu finalizar o seu proceso de consolidación que á súa vez lles outorgaría a estabilidade xurídica necesaria para continuar co seu crecemento. A partir de aquí nace a figura do Plan Sectorial, unha saída paralela á PXOM para poder regularizar a súa situación. A pesar dos obstáculos expostos anteriormente, o polígono industrial conta con mais de 150 empresas cuxa facturación anual supera os 400 millóns de euros, dos cales 10 millóns redundan directamente no complexo así como 3173 postos de traballo directos.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.