Inicio Baixo Miño A Festa do Rei Sol volve ao castro de Cano dos Mouros...

A Festa do Rei Sol volve ao castro de Cano dos Mouros (Oia) con moito teatro

a-festa-do-rei-sol-volve-ao-castro-de-cano-dos-mouros-oia-con-moito-teatro

A segunda edición da Festa do Rei Sol é unha proposta de posta en valor dun castro en Viladesuso (Oia) a través da recuperación da memoria oral.

Ao longo do sábado 24 de setembro sucederanse contos e lendas intercalados con música e potenciados con iluminación e son. Tamén haberá tempo para unha merendola campestre e a degustación da cervexa artesá ‘Rei Sol’.

A Festa do Rei Sol toma o seu nome dunha lenda que conta como cada día se sentaba o Rei Sol ao pé do castro de Cano dos Mouros a contemplar o solpor. Isto é precisamente o que nos invitan a facer os veciños de Viladesuso por segundo ano consecutivo, coa diferenza de que nesta edición faise especial fincapé en recuperar a tradición oral vinculada ao lugar. A proposta ‘Contos no Castro’ nace para encher de lendas o castro de Cano dos Mouros, situado nesta parroquia oiense.

a-festa-do-rei-sol-volve-ao-castro-de-cano-dos-mouros-oia-con-moito-teatroO evento arrancará a partir das 17:30 horas. A primeira fita será ás 18:00h cunha visita guiada ao castro na que xa se invocará ao Rei Sol. A partir de aí sucederanse actuacións do grupo de teatro de Mougás e o grupo ‘O Mellor de Cada Casa’. Para as súas intervencións traballaron coa actriz Soledad Felloza para adaptar as mitoloxías da Gallaecia antiga recollidas no libro Vento e Chuvia, de Manuel Gago.

Co solpor a programación porase en pausa para contemplar o maior espectáculo que nos da a natureza: a propia posta de sol. Todo aderezo é  prescindible; tan só se acompañará ese máxico momento coa música de A Fiada de Viladesuso.

Unha vez que se mergulla o sol no océano, o evento culminarase coa actuación estelar de Avelino González. O actor vigués – coñecido por encarnar o personaxe de Miñato na serie da TVG Padre Casares – fará un espectáculo de narración oral preparado especificamente para este día, no que se recollen algunhas lendas e contos locais. Ademais, este espectáculo nocturno irá acompañado de iluminación e son deseñado especialmente para a ocasión por Limiar Teatro.

Ademais de moito teatro, a Festa do Rei Sol estará amenizada coa música tradicional de A Fiada de Viladesuso. Tamén haberá postos de comida e bebida, incluído unha billa de cervexa artesá ‘Rei Sol’, elaborada por Trisk-Ale.

A Festa do Rei Sol está organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a participación da Comunidade de Montes de Viladesuso e a Asociación de Veciños de Viladesuso. O evento englóbase na estratexia da Asociación Costa dos Castros por dinamizar Oia a través da xestión do patrimonio.

Para máis información poden consultar a páxina web www.costadoscastros.com.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies