Inicio Vigo e área Redondela A obra “El túnel”, alzouse co premio do concurso fotográfico “Escenifica a...

A obra “El túnel”, alzouse co premio do concurso fotográfico “Escenifica a túa lectura de verán” organizado polas Bibliotecas de Redondela

a-obra-el-tunel-alzouse-co-premio-do-concurso-fotografico-escenifica-a-tua-lectura-de-veran-organizado-polas-bibliotecas-de-redondelaPor segundo ano consecutivo as bibliotecas de Redondela organizaron na tempada estival un concurso fotográfico . O pasado ano,  as bibliotecas dos lugares de vacacións foron o motivo central, mentres que este ano fórono as lecturas vacacionais.

A obra “El túnel” de Gustavo Barciela Balado , alzouse co premio do concurso fotográfico “Escenifica a túa lectura de verán” organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela  a través das plataformas de facebook e instagram.

O xurado, constituído polos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, escolleu entre as 14 fotografías que cumprían os requisitos do concurso, das 29 que se presentaron en total.

A fotografía gañadora foi tomada na fortaleza de O Castro (Vigo) co libro de Ernesto Sábato “El túnel” como protagonista.

O premio consiste nun lote de  libros e películas. A imaxe premiada, como todas as que participaron no concurso,  expoñerase nas dependencias das  bibliotecas, o Día da Biblioteca (24 de outubro).

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies