Situado na parroquia gondomareña de Vincios e a menos de 15 quilómetros da cidade veciña de Vigo, se erixen 500.000 metros cadrados de terreo que completan o conñecido como Polígono Industrial de A Pasaxe. Trátase dun enclave que comenzou a súa traxectoria na década dos 70 cunha marcada perspectiva de crecemento estructural así como empresarial. Na actualidade 102 industrias comparten o chan de Gondomar xerando un total de 405 millóns de euros anuais ademais de 3150 empregos directos, o que a converte sin dúbida no principal motor industrial e económico do municipio. A voz do conxsunto é canalizada pola Asociación de Empresarios.
A súa situación e proximidade dos diferentes núcleos augúranlle un futuro prometedor pero debido ao marco administrativo e burocrático no que se atopa, a súa prospección atópase a expensas de diferentes resolucións administrativas. É neste punto onde a Asociación de Empresarios da Pasaxe fai a súa aparición funcionando como a voz dos que desenvolven a súa actividade no recinto, pero tamén enfocando as súas actuacións cara ao conxunto do polígono en si.
Para iso consideran imprescindible os conceptos formación e emprego como eixos vertebradores da competitividade e a dinamización económica de cara ao exterior. Así pois desde fai seis anos o grupo xestionou preto dun centenar empregos no complexo, tanto de promoción interna como a veciños do municipio (34) e ata se realizou un programa de inserción para inmigrantes retornados cun total de 40 postos de duración semestral. Pero ademais desenvolveron un total de 26 temáticas diferentes sobre cursos específicos, en función das actividades que se realizan dentro do parque empresarial, e que se foron
repetindo en diferentes edicións desde 2009.
FORMACIÓN A 60 VECIÑOS DO VAL MIÑOR:
Na actualidade estase impartindo unha iniciativa de formación laboral na que participan 60 veciños da comarca miñorana e onde reciben nocións de procura de emprego, orientación laboral, procesos para afrontar unha entrevista de traballo ou formación específica que favoreza a súa inclusión no mercado laboral tanto en empresas do parque como da área metropolitana. Así mesmo os alumnos están participando en diferentes cursos tales como manipulador de alimentos, carretillero, xestión administrativa do pequeno comercio, caixeiro grandes superficies, atención ao cliente, xestión contable e financeira, informática básica ou de prevención de riscos laborais, entre outros. O Programa Integrado de Emprego está cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLA ADMINISTRACIÓN DESDE 2009:
Outro dos puntos fortes da agrupación é que sendo conscientes dos gastos de mantemento da entidade, estes realícense a través de subvencións concedidas pola Administración autonómica, que tamén participa activamente co mosaico empresarial aglutinado en Vincios mediante programas de formación, estándares de calidade ou axudas a empresas, entre outras.
Así pois entre as principais accións conxuntas levadas a cabo destacan: Concesión axudas da Consellería de Traballo para financiar o soldo dos empregados da agrupación, implantación gratuíta en 10 empresas das ISO 9000 e ISO 14000 a través dunha subvención do IGAPE, axudas da mesma entidade para outras 10 firmas no deseño de imaxe corporativa e creación de tendas virtuais, cursos desde a Secretaría Xeral relacionados con novas tecnoloxías, axudas formativas para inmigrantes
retornados, proxectos de mobilidade para traballadores do parque e accións formativas desde o Ministerio de Industria para empresas asociadas co sector naval.
P.F.E.




Comments are closed.