spot_img
InicioBaixo MiñoÉxito absoluto da estrea de 'DepoDesafío 2018' con máis dun centenar de...

Éxito absoluto da estrea de ‘DepoDesafío 2018’ con máis dun centenar de deportistas na primeira proba entre Tomiño e A Guarda

Absoluto éxito da estrea de ‘DepoDesafío 2018’, unha carreira a pé de 14 quilómetros entre Tomiño e A Guarda marcada poplas altas temperaturas e  na que venceron Brais Misa e Ariana González cunha participación de máis dun centenar de deportistas.

A Deputación de Pontevedra inaugurou con éxito o seu novidoso programa deportivo “DepoDesafío 2018” cunha carreira a pé de 14 quilómetros que uniu os concellos de Tomiño e da Guarda. Nesta proba, na que participaron un centenar de deportistas, cruzaron a liña de meta en primeira posición Brais Misa, en categoría masculina, e Ariana González, en feminina que recibiron os seus trofeos nunha entrega á que asistiron a deputada Montse Magallanes e o deputado Santos Héctor Rodríguez.

O atleta Brais Misa finalizou a proba nun tempo de 49 minutos e 48 segundos, con 24 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Jose Carlos Ferreira. Pola súa banda, Ariana González chegou a meta da Guarda en 58 minutos e 44 segundos, clara gañadora por diante de Mónica Mezquita, que parou o tempo en 1 hora, 2 minutos e 19 segundos.

Tanto Brais como Ariana lideran actualmente a clasificación xeral do “Depo Desafío 2018”. Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Tras a celebración desta carreira a pé, na que sorteáronse dous voos a Valencia, a segunda cita do “DepoDesafío 2018” será unha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e a Illa da Toxa. Para esta proba, para a que xa están anotadas 90 persoas, o prazo de inscrición segue aberto

Amais, despois da travesía a nado, o “DepoDesafío 2018” chegará á Cañiza cun trail de aproximadamente 15 quilómetros que levará aos e as participantes a alcanzar as cimas de montes con espectaculares vistas. Despois desta proba a seguinte será en Cerdedo-Cotobade, onde celebrarase unha proba BTT cun percorrido en bicicleta de aproximadamente 35 quilómetros. Por último, o primeiro fin de semana de outubro, Vigo acollerá un tríatlon en distancia sprint (750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé) que porá punto e final a primeira edición do “DepoDesafío 2018”.

As inscricións para todas as probas deste programa da institución provincial poderán realizarse a través da web da Deputación (https://www.depo.gal/depodesafio/probas). Todas as persoas interesadas poderán anotarse individualmente a cada proba ou tamén poderán facer a inscrición para todas xuntas..

“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.