spot_img
InicioVal MiñorNigránO festival 'Vive Nigrán' segue medrando e recibe máis de 5.000 asistentes...

O festival ‘Vive Nigrán’ segue medrando e recibe máis de 5.000 asistentes na súa segunda edición de #RíasBaixasFests

O festival 'Vive Nigrán' segue medrando e recibe máis de 5.000 asistentes na súa segunda edición de #RíasBaixasFestsA segunda edición do ‘Vive Nigrán’ recibiu a máis de 5.000 visitantes durante as dúas xornadas deste festival polo que pasaron artistas e grupos como Nathy Peluso, De Pedro, Maryland, Cala Vento, Sidonie, The Limboos e Mueveloreina, entre moitos outros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que achegouse tamén ao festival, amosou a súa satisfacción polos bos resultados do evento celebrado no campo de fútbol de Praia América. Neste senso, Carmela Silva subliñou que “o dato de asistencia supón un incremento do 25% respecto á primeira edición”. A presidenta da Deputación tamén resaltou “a importancia de festivais como o “Vive Nigrán” na economía da nosa provincia, pois, por exemplo, con este evento cubríronse todas as prazas do cámping de Nigrán e tamén do de Baiona e a hostalería da vila estivo chea”.

O “Vive Nigrán 2018” volveu a ser un “Pícnic Pop Festival” no que a diversión foi a tónica dominante da fin de semana. Durante as dúas xornadas, amais das numerosas actuacións musicais organizáronse un foro cultural con importantes profesionais do sector da música e diferentes actividades infantís.

Carmela Silva destacou que “o festival permite acadar un dos obxectivos marcados no Plan Estratéxico de Turismo, o de converter a este lugar nunha referencia turística ligada á música ao tempo que se estenden entre a cidadanía valores positivos”. Amais, sinalou que “é unha alegría ver como este festival consolídase no panorama musical galego, o “Vive Nigrán” é o festival máis mozo dos nosos #RíasBaixasFests e estase afianzando moi rápido, estou segura de que acabará converténdose nunha referencia”.

En canto ás iniciativas que a institución provincial puxo en marcha durante o festival en prol da igualdade e do respecto ao medio ambiente a presidenta da Deputación subliñou o seu éxito. Neste contexto, Carmela Silva destacou que durante a xornada do venres púxose en marcha un stand informativo dende o que se espallaron as campañas “Conta comigo. Eu respéctote” e “Lembra. Eu decido. Ti respectas”, polo que pasaron preto de 500 persoas das cales o 58% foron mulleres e o 42% homes. Desde este stand repartíronse 600 gorros, 700 pegatinas e 500 dípticos para previr casos de violencia sexual por submisión química e outros 500 para concienciar sobre o consentimento e a importancia de respectar o corpo alleo.

A presidenta provincial tamén valorou moi positivamente a aposta da Deputación pola sustentabilidade coa campaña “Somos historias. Somos sostibles”, que permitiu repartir en soamente cinco horas do venres preto de 1.500 ecocabichas.

- Publicidade -spot_img