
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional conta a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade.
Este ano o profesorado, que ven traballando de xeito moi comprometido coa xente máis nova do Rosal , formando, coidando e guiando aos nosos fillos e fillas deste concello, quere amosar o seu desacordo con esta lacra. Por iso únese á campaña “EU TOMO PARTIDO, E TI?”.
O colectivo do profesorado, ten un peso fundamental xa que fai unha labor de concienciación dentro das aulas pero tamén fora delas, traspasando o centro educativo, chegando ás familias e en definitiva a toda a sociedade.
Este ano cóntase coa colaboración desinteresada dalgún dos profesores e profesoras máis recoñecidos/as e queridos/as do Concello.
Participan no proxecto:
Ana Sofía Rodríguez Pereira, directora do CPI Manuel Suárez Marquier e profesora de educación primaria
Moncho Fernández Leal, profesor de educación primaria na unitaria de Fornelos
Loli Sánchez Blázquez, profesora de apoio educativo en educación secundaria
Manolo Alonso Macías Jorreto, profesor de educación primaria na unitaria de Pías
Sonia García Castiñeira, profesora de inglés en educación secundaria
Xosé manuel Méndez Díaz, xefe de estudos de educación primaria e profesor de música
Pablo Alexis Rodríguez Soler, profesor de tecnoloxía en educación secundaria
Esperanza Iglesias Vilacha, directora e profesora do CRA María Zambrano
Mª Teresa Iglesias Pena, profesora de educación primaria no CPI
Lobina Santoke Basanti, profesora de educación primaria no CPI



