spot_img
InicioPontevedra e ÁreaEncontro dixital con María Reimóndez fundadora da ONGD "IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO"

Encontro dixital con María Reimóndez fundadora da ONGD “IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO”

Fondo GalegoA intérprete, tradutora e escritora María Reimóndez estivo nas redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o pasado venres 29 de agosto e falou sobre a filosofía e proxectos de Implicadas no Desenvolvemento, amais de ofrecer unha visión crítica do sistema de cooperación internacional, dende unha perspectiva feminista e colectiva.

A fundadora e vicepresidenta desta ONGD con sede en Vigo, vén de publicar o libro A alternativa está aquí (Xerais, 2014), unha lectura que aborda de forma incisiva o papel das organizacións non gobernamentais e o comportamento da cidadanía do Norte ante determinadas situacións, e que invita á reflexión e ao cambio de perspectiva sobre diversas cuestións sociais, culturais e políticas impostas ao tempo que propón as alternativas que “temos  na nosa man para transformar e transformarnos”.

A fundadora de Implicadas no Desenvolvemento falará sobre a actividade desta ONGD e as alternativas que “temos na nosa man para transformar e transformarnos”.

María Reimóndez conversou cos usuarios en directo a través do perfil de Facebook (facebook.com/fondogalego) do Fondo Galego.Este ciberencontro é o oitavo que organiza a entidade municipalista dentro de  #Alén2015, un programa de encontros dixitais mensuais que pretende crear un espazo de debate e reflexión en torno a distintos temas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que conclúen o vindeiro ano.

María Reimóndez
É  intérprete e tradutora, escritora de ficción, experta en xénero e desenvolvemento e feminista por convicción. Comezou na cooperación en terreo en 1994 e catro anos máis tarde fundaría Implicadas no Desenvolvemento, ONG implicadas no desenvolvementoda que é vicepresidenta na actualidade. Esta entidade traballa con mulleres indias e etíopes para oporse aos vínculos entre patriarcado, capitalismo e neoimperialismo a través de intervencións políticas no Norte, o establecemento de redes feministas e enfoques participativos de base.

A súa participación activa na cooperación, sitúaa como unha das representantes máis importantes de Galicia no entorno da cooperación. Esta colaboración compleméntase cunha ampla traxectoria literaria, labor pola que foi galardoada en múltiples ocasións. Os últimos recoñecementos que recibiu foron o XXXI Premio Xerais de Novela por Dende o conflito e o XIV Premio de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia, con A dúbida.

 Fondo Galego.1

- Publicidade -spot_img