spot_img
InicioGaliciaProtección Civil e Emerxencias avisa por altas temperaturas para hoxe no val...

Protección Civil e Emerxencias avisa por altas temperaturas para hoxe no val do Miño

Protección Civil e Emerxencias avisa por altas temperaturas para hoxe no val do MiñoA Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), avisa por altas temperaturas durante a xornada de hoxe en Lugo, Ourense e Pontevedra. Nestas provincias, as zonas máis afectadas pola intensa calor serán as do val do Miño, onde as temperaturas oscilarán entre os 37º e 39 ºC.

Aínda que con menor intensidade, a calor afectará tamén mañá a boa parte do oeste, centro e sur peninsular.

Recomendacións ante temperaturas extremas:

* Limite a exposición ao sol.
* Mantéñase en lugar ben ventilado.
* Inxira comidas lixeiras e regulares, ricas en auga e sales minerais, como froitas e hortalizas.
* Beba frecuentemente auga ou líquidos.
* Vístase con roupa de cores claras, cubrindo a maior superficie de pel posible e a cabeza.
* Evite exercicios físicos prolongados nas hora s centrais do día.
* Interésese polas persoas maiores e enfermas, e aquelas que vivan soas ou illadas.

A intensa calor favorece o risco de incendios forestais, polo que hai que extremar as precaucións

Para previr incendios forestais:

* Preste especial atención ás normas da Comunidade Autónoma sobre prevención de incendios e períodos autorizados para realizar queimas de restrollos.
* Evite arroxar cigarros, lixos e, especialmente, botellas de vidro que fan efecto lupa co sol. As neglixencias provocan gran parte de incendios forestais.*? Prohíbese acender lumes ou fogueiras no monte e terreos próximos.
* Acampe só en zonas autorizadas, posto que estas contan con medidas de protección fronte a un posible incendio e é máis fácil a evacuación.
*Se descobre o lume no seu inicio, avise ao 112 inmediatamente. En caso de verse sorprendido por un incendio, evite penetrar no monte ou bosque. Vaia sempre por zonas de gran visibilidade e libres de combustible.
* En caso de emerxencia por incendio forestal, atenda sempre as indicacións das autoridades competentes.
*Teña en conta que as altas temperaturas favorecen o risco de incendios forestais. Extreme as precaucións.

 Máis información en www.proteccioncivil.es, www.aemet.es e www.msssi.gob.es

 

- Publicidade -spot_img